Temas: BALTAR OURENSE

Baltar pai, imputado na causa que se segue contra o seu fillo

O asesor xurídico da Deputación de Ourense declarou que o avogado da muller que denunciou o presidente provincial quixo chegar a un acordo para que esta atopara traballo no ente provincial.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 20/06/2016 | Actualizada ás 16:34

Comparte esta noticia

O expresidente da Deputación de Ourense, José Luis Baltar Pumar, terá que declarar en calidade de investigado --antes imputado-- na causa na que se investiga o seu fillo, José Manuel Baltar Blanco, o próximo 29 de setembro.

José Luis Baltar á saída dos xulgados en Ourense
José Luis Baltar á saída dos xulgados en Ourense | Fonte: EP

Segundo informaron fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), a declaración de Baltar Pumar por suposto delito de tráfico de influencias e suborno foi suspendida o pasado día 8 despois de que as defensas pedisen o seu aprazamento baixo unha alegación de indefensión por descoñecemento da instrución.

Concretamente, o Xulgado número 3 de Ourense previu a declaración para o 29 de setembro, ás 11,30 horas, nesta causa na que o seu fillo está investigado a raíz da denuncia presentada por unha muller contra el por, supostamente, ofrecerlle un posto de traballo a cambio de relacións sexuais.

O que si declarou o pasado 8 de xuño foi o asesor xurídico da Deputación de Ourense no ano 2012, José Eugenio G., quen recoñeceu á titular do Xulgado de Instrución número 3 de Ourense reunirse co primeiro avogado contratado por Teresa F.C. (a muller que denunciou a Manuel Baltar por ofrecerlle un posto de traballo a cambio de relacións sexuais) para que mediase co presidente da Deputación e conseguir un posto como traballadora fixa do ente provincial.

Segundo fontes xurídicas, na súa declaración dese día ante a xuíza Eva Armesto, José Eugenio G. relatou que ese avogado se puxo en contacto coa asesoría xurídica da Deputación no ano 2012 para transmitirlle a existencia dunhas gravacións en relación co actual presidente do ente provincial, que difundiu 'eldiario.es', e para pedirlle que fixese chegar a Manuel Baltar a demanda do seu cliente de que a convertesen en traballadora fixa do ente provincial, como, segundo a versión da muller, se comprometera a cambio de relacións sexuais.

Na súa intervención, o asesor xurídico, citado como testemuña na investigación que leva o xulgado e na que están investigados ademais do presidente da Deputación, José Manuel Baltar, e a muller que denunciou, tamén transmitiu á xuíza que falou con Manuel Baltar, e que este dixo "non" tras coñecer esta petición, segundo as mesmas fontes xurídicas.

Baltar non se inscribiu no hotel

Pola súa parte, o representante do hotel onde, presuntamente, tería lugar o encontro sexual entre Manuel Baltar e Teresa F.C. (que na causa tamén está como prexudicada por un delito sexual).

Ao respecto, Francisco G., un dos administradores do hotel da cidade, ratificouse ese día 8 no informe presentado polo establecemento ante o Xulgado a instancias da acusación popular. Neste informe sinálase que Manuel Baltar non se inscribiu o 15 de marzo de 2010, data do suposto encontro sexual.

Temas: BALTAR OURENSE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 5rfrPfd7

I'm shkeocd that I found this info so easily.