Tres feridos nunha aparatosa saída de vía en Rois

Segundo os bombeiros do parque Provincial de Boiro, quen acudiron ata o lugar dos feitos, o vehículo precipitouse por un desnivel quedando envorcado lateralmente nunha pista forestal.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/07/2025 | Actualizada ás 11:23

Comparte esta noticia

Tres persoas resultaron feridas durante a madrugada deste sábado tras unha saída de vía na AG-1.5, no Concello coruñés de Rois. Segundo os bombeiros do parque Provincial de Boiro, quen acudiron ata o lugar dos feitos, o vehículo precipitouse por un desnivel quedando envorcado lateralmente nunha pista forestal. Todos os ocupantes do vehículo foron trasladados ao CHUS para avaliar o seu estado físico e ata o lugar tamén se desprazou o 061, o GES de Brión e a Garda Civil de Tráfico.

Saída vía Rois
Saída vía Rois | Fonte: BOMBEIROS A Coruña

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta