O rapeiro galego Arce pétao, outra vez

191.000 reproducións nun día para o seu último vídeo no Youtube. 527.000 en tres semanas para o penúltimo, Deja Vu. 1,3 millóns nun só mes para Mamá, a súa antepenúltima produción. E así, a un ritmo alucinante, continúa a engordar conta de visualizacións -e polo tanto tamén a conta de ingresos- do rapeiro santiagués Pablo Arce.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 21/06/2016 | Actualizada ás 13:22

Comparte esta noticia

O seu maior éxito sigue sendo Luzbel. Publicada hai un ano, esa peza suma 11 millóns de reproducións na canle da súa produtora Digital Hustlers. Unhas cifras que, hoxe por hoxe, están fóra do alcance de calquera nome da música galega, por moi consagrado que estea e moitos anos que leve no negocio.

Cal é a razón do éxito deste mozo que non ten discográfica, nin web oficial, nin sae nas radios FM?  Indicar que se debe a un discurso desafiante e adolescente sería unha explicación demasiado simplista.

En moitas cancións aborda a  temática da festa (drogas, mozas, etc.) típica do gangsta rap pero noutras amosa un lado máis sensíbel, como nesta Mamá, publicada do día da nai e que recorda, polo ton e a temática, ao Dear Mama de Tupac, un dos maiores clásicos do xénero.

Arce, coa bandeira estreleira do nacionalismo galego, nun dos seus vídeos, Amnesia
Arce, coa bandeira estreleira do nacionalismo galego, nun dos seus vídeos, Amnesia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

1 anonimo

mucha bandera del bloque pero canta en español. La pela es la pela. Falsos.

1 Hai que ter cabeciña

1º Non é a bandeira do BNG, é a bandeira da esquerda nacionalista galega, que ti só coñezas o Bloque e non a todos os partidos que houbo nese espazo ideolóxico e os que ainda hai é culpa túa. 2º Non creo que sexa contraditorio ser arxentino e cantar en inglés, entón porque vai ser contraditorio ser galego e cantar en castelán? Que ti relaciones ter ou definirte dunha determinada identidade en exclusiva con odio ou aversión a outras non significa que o resto o fagamos. Eu só son galego e non oido a España e os españois. 3º Se cantase en galego tería acceso a un mercado de máis de 200 M de persoas falantes de (galego)portugués, onde tamén podería gañar moita "pela". Abre a mente e non sexas tan cuadriculado.

2 Antinostrus

Esto do Cariño á Nai adoita ser moi socorrido entre Narcotraficantes, Mafiosos, Lumpens e Malandros da peor ralea...polo tanto moito coidadiño con estes Amores Maternofiliais de última hora e a touro pasado que adoitan encubrir unha Biografia de Egoismo, Insolidariedade, Cinismo e arrepiante Hipocresia....ah!, eu son galego e ódio á entidade España (como non podia ser doutra maneira) polo mal que nos tén feito...non así aos pobres dos españois (que tamén teñen que aturar o seu)................................. agás ao mononeuronalcipaiovendido ánima preta do Nostrus!!.