Chegan traballadores extracomunitarios a Galicia para traballar no mar, no campo e no fogar

A Seguridade Social en Galicia gañou 112 afiliados estranxeiros en maio, ata os 29.653. Xa son 582 máis que hai un ano. Veñen, principalmente, de Brasil, Marrocos, Colombia e China.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 21/06/2016 | Actualizada ás 14:13

Comparte esta noticia

Mentres os galegos seguen emigrando, principalmente, a outros países comunitarios, traballadores estranxeiros, sofre todo de fóra da UE, están chegando a Galicia. Deste xeito, os afiliados estranxeiros á Seguridade Social situáronse en 29.653 en maio en Galicia, o que supón 112 máis que o mes anterior --0,38 por cento-- e 582 máis que hai un ano --2 por cento-, segundo os datos que publica este martes o Ministerio de Emprego.

Feijóo saúda a uns inmigrantes subsaharianos en Vilagarcía durante a campaña electoral das xerais
Feijóo saúda a uns inmigrantes subsaharianos en Vilagarcía durante a campaña electoral das xerais

A maior parte destes traballadores adícanse ao sector primario –pesca e campo--, de servizos –en bares e restaurantes-- e no fogar. Así, do total, 22.884 cotizantes estranxeiros en Galicia estaban inscritos no réxime xeral, dos cales 18.399 correspóndense co subtipo xeral, 1.107 co sector agrario e 3.378 co sector do fogar. Ademais, 5.546 déronse de alta na Seguridade Social como autónomos e 1.223 anotáronse no réxime do mar.

Por procedencia, a maioría dos afiliados estranxeiros (16.285) chegou a Galicia dende fóra da UE, por 13.368 comunitarios. Os países europeos que achegaron máis cotizantes foron Portugal (6.808), Romanía (2.663) e Italia (1.131); mentres que do resto do mundo destacan os brasileiros (1.776), marroquís (1.626), chineses (1.463) e colombianos (1.309).

En canto á distribución por provincias dos estranxeiros cotizantes na comunidade galega, maioritariamente sitúanse na Coruña (10.813) e Pontevedra (10.311). Por detrás, sitúase Lugo, con 4.575, e Ourense, con 3.955 inmigrantes dados de alta. A metade dos estranxeiros afiliados en Galicia son homes: un total de 16.805 por 12.848 mulleres.

Tamén crecen en España

A nivel nacional, a Seguridade Social gañou 47.926 cotizantes estranxeiros en maio, un 2,8 por cento en relación ao mes anterior. Este incremento de afiliados estranxeiros é o cuarto consecutivo tras o de febreiro (+11.859 cotizantes), marzo (+30.284 cotizantes) e abril (+40.027 afiliados).

Deste modo, o número de inmigrantes en alta situouse ao finalizar maio en 1.731.018 persoas, dos que 1.452.567 cotizab

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

6 feijootururu

yo soy el moreno y me lavo la mano que sabe dios donde la metio el feijoo que ese te es muy guarro

5 Galegos

Os galegos xa subiron de nivel, agora deixan o campo e van traballar para Madrid, Barcelona ou Londres de camareiros. Alguén mirou a un madrileño traballar na recollida do lixo, de operario no aeroporto, de axudante de camarero... normalmente son sudamericanos ou galegos quenes fan os traballos de baixa cualificación o que non quere decir que non sexan igual de intelixentes e os seus traballos sexan dignos como calquer outro.

4 NabONejro

Semelha brincadeira, os fascistas espanhois forom os maiores impulsores da migraçom no estado, tanto dos nativos fora coma dos outros dentro... quando se vejam cos netos mulatos vai dar a risa.

3 Galeguista

Pois claro, vívese moito mellor sendo liberado da CIG. Non querrán que nós traballemos no mar ou no campo como os nosos avós do PP?

2 Sesese

Isto si que da que pensar , e non tanto politiqueo. Que esta a pasar no noso sector primario? A ver si vai ter razón a miña nai de que están as leiras a campo porque a xente non as traballa. Todos queremos bos chollos, ser funcionario ou boa empresa porque o sector primario esta infravalorado e infrapagado

1 NabONejro

No sector primario o que passa e que gostase moito das ajudas e de ter a gente puteada sem contrato ou sem cobrar o minimo legal. Sei eu de 3 rapazes que trabalham em Holanda e Franza no sector primario porque na Galiza nom podem viver disso a nom ser que tenham as suas propias terras ou gando. A paila gosta de putear ao vizinho pero quando atopem as filhas no alpendre tragando nabiza angolana...