A Xunta anuncia 42 millóns en contratos ligados á base de drons de Galicia

18 empresas, 10 centros tecnolóxicos e as tres universidades galegas participarán do polo aeronáutico de avións non tripulados en Rozas, Castro de Rei.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 21/06/2016 | Actualizada ás 15:29

Comparte esta noticia

A base de drons —avións non tripulados— en Rozas, Castro de Rei (Lugo), suporá 42 millóns de euros en contratos para 18 empresas, 10 centros tecnolóxicos e as tres universidades galegas. Así o apuntou o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, tras reunirse este martes con representantes de Inaer e Indra —gañadoras do concurso realizado pola Xunta para xestionar o proxecto das Rozas— para poñer as bases de colaboración en Galicia.

UAV TARGUS, dron que a Xunta promete se producirá en Galicia
UAV TARGUS, dron que a Xunta promete se producirá en Galicia

Ao respecto, Conde remarcou que ese traballo conxunto "simboliza o compromiso de Indra e Inaer" co tecido empresarial e investigador de Galicia. Todo iso, nun polo aeronáutico en Rozas, a posta da cal en marcha está prevista para o mes de setembro.

A este encontro acudiu o director de Vehículos Aéreos de Indra, José Manuel Sánchez Montañés, que chamou a atención sobre como "non só as compañías que están neste acordo de contratación" poderán aproveitar o potencial destas multinacionais para desenvolver proxectos e comercializalos, "senón moitas máis".

Neste sentido, o director de Proxectos de I+D de Inaer, José Luis Sáiz, indicou a dobre dimensión do proxecto, un industrial con sede en Rozas, así como outra de desenvolvemento de software, "de aplicacións de uso por parte destas aeronaves", que se localizará nun centro tecnolóxico do Porto do Molle, en Vigo.

Por iso, José Luis Sáiz resaltou que se buscará "integrar na cadea de valor ás empresas galegas e aos centros de investigación cos que traballemos e que de gocen das nosas oportunidades comerciais no exterior".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 Gamela

De momento abrimos un stand de ventas... haberá que seguirlles a pista día a día para saber exactamente onde van os millóns dos galegos...? http://www.inaer.com/es/noticias?id...

1 Gamela

O chiringuito de INDRA seica anda en horas baixas á busca de financiación sen custes! https://es.wikipedia.org/wiki/Indra...