A Xustiza confirma a investigación a Baltar Pumar por delito electoral

O ex-presidente da Deputación de Ourense (PP) terá que responder polos supostos subornos de Vendex no marco da Operación Pokemon. Farao diante dun xulgado de Ourense e non diante da xuíza de Lugo Pilar de Lara.

Por E.P. | Lugo | 22/06/2016 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

A Audiencia Provincial de Lugo ratificou a decisión da titular do xulgado de instrución número un da capital de provincia, Pilar de Lara, de investigar o expresidente da Deputación e do PP de Ourense José Luis Baltar Pumar por falseamiento de contas, suborno e delito electoral.

José Luis Baltar á saída dos xulgados en Ourense
José Luis Baltar á saída dos xulgados en Ourense | Fonte: EP

É o que se extrae dunha providencia con data do luns, á que tivo acceso Europa Press, na que a xuíza alude a un auto do alto tribunal lucense que rexeita o recurso de apelación interposto polo exbarón popular e, polo tanto, avala a maxistrada na súa decisión de incoar dilixencias previas contra Baltar.

Así pois, á vista da resolución da Audiencia Provincial, que é "firme", De Lara ordena a apertura do caso e que se remita ao "destino correspondente".

En concreto, en xuño do pasado ano, no marco da Operación Pokémon, a xuíza comezou a indagar se o Grupo Vendex entregou sumas de diñeiro ao exdirixente popular ourensano en maio de 2011, coincidindo coas eleccións municipais, e a outros cargos institucionais e políticos.

Con todo, De Lara xa decidiu entón inhibirse en favor do partido xudicial de Ourense na investigación relativa a supostas irregularidades no financiamento do PP nesa provincia durante a etapa na que Baltar Pumar o presidía.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta