GC Aberto

Síndrome de Estocolmo

Definitivamente o 26J volverei a sentir arcadas. E vergonza.

Por Maceira | GC ABERTO | 23/06/2016

Comparte esta noticia

O 26 de xuño  terá lugar de novo algo que nunca poderei entender. Como é posible que xente desafiuzada vote polas persoas que os botaron das súas casas?  Gandeiros que apoien ós que os afunden pagándolles  28 céntimos o litro de leite. Emigrantes  vitoreando ós que multaron o seu esforzo de toda a vida no estranxeiro. Xoves  afincando  polos que os condearon a colgar o seus títulos e poñer copas nun furancho de Londres. Matrimonios , que non se ven ata a noite, cando recollen os cativos dos avós, dando a papeleta ós diseñadores dos seus traballos lixo e “ conciliación familiar”. Anciáns rozando a indixencia, condescendentes cos herdeiros de Don Manuel, porque foi él quen lles deu a paga.

Feijóo con Dorado no iate deste último nos anos noventa
Feijóo con Dorado no iate deste último nos anos noventa | Fonte: El País

Empresarios arruinados (por pagar honradamente  os seus impostos)  nos mítines dos que pagaron as obras da sede Génova en B. Ignorantes que votan para que España non se rompa. Ou non se convirta nunha Venezuela e poidamos ter papel hixiénico a esgalla. Afectados da banca entregándose ós señores das tarxetas black. Usuarios da cociña económica  coas siglas dos que se repartiron obscenamente sobres cheos de billetes de 500.Miserables entregando o seu voto ós responsables da súa miseria. Non vou revelar o sentido do meu voto porque é intrascendente. So significar que ver todo isto. Ver incluso a pais , que están vivindo un inferno por mor da dogradicción dos seus fillos,votar polo timonel de Marcial Dorado  é superior a mín.

Definitivamente o 26J volverei a sentir arcadas. E vergonza. Moita vergonza da miña xente  e do meu país.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Galegoapesarsetodo

Mirao polo lado bo, estase cumprindo a teoria da evolucion das especies, aqueles individous mnos aptos deixan de transmitir os seus xens por non adaptarse as condicions cambiantes da natureza. O mesmo pasa co pobo galegoo, hai demasiado deficiente mental por metro cuadrado. Os informes do INE deixano claro. O ultimo q apague a lus.