Medio Lugo novo

O club lucense anuncia a saída dos nove xogadores que remataban contrato, entre eles o vigués Jonathan Pereira, segundo máximo goleador na pasada campaña. O equipo de Luis César conta hoxe en día con trece xogadores con contrato.

Por gcdeportes | Lugo | 22/06/2016 | Actualizada ás 09:04

Comparte esta noticia

“Tralas valoracións realizadas por parte da Dirección Deportiva e dos responsables técnicos”, o CD Lugo anunciou este martes que non renovará a ningún dos oito xogadores que rematan contrato a 30 de xuño. Á xa anunciada marcha de David Ferreiro e David López, súmanse agora Jonathan Pereira, Pau Cendrós, Israel Puerto, David de Coz, Fernando Vega e Abel Molinero.
Tampouco seguirá Sergio Marcos, tras rematar o contrato dunha tempada cedido polo Vilarreal.

Tino Saqués, Luis César e Emilio de Dios, responsábeis do Lugo 2016-17.
Tino Saqués, Luis César e Emilio de Dios, responsábeis do Lugo 2016-17. | Fonte: @CDeportivoLugo

Trala chegada de Luis César como novo técnico e de Emilio de Dios como director deportivo, ningún dos oito xogadores que acaban a súa vinculación co club lucense recibirán oferta de renovación, entre eles o dianteiro Jonathan Pereira, segundo máximo goleador do equipo con 9 goles a pasada campaña. O vigués conta con varias ofertas e podería reclar no Almería. Pereira, Cendrós, Molinero e Vega chegaron ao equipo no verán do 2015, mentres que Israel Puerto, David Ferreiro, David de Coz e David López xa proviñan da etapa de Quique Setién.

Malia as nove saídas anunciadas, o club lucense mantén o núcleo duro do plantel, con trece xogadores con contrato en vigor. Así, continúan os porteiros Xosé Xoan e RobertoFernández; os defensas Carlos Hernández, Dealbert, Manu e Álvaro Lemos; os medios Carlos Pita, Seoane, Campillo, Iriome e Igor Martínez; e os dianteiros Pablo Caballero e Joselu. Ademáis, o técnico arousán xa anunciou a súa intención de non contar cun plantel demasiado longo, para evitar ter xogadores descontentos polos poucos minutos no céspede.

Jonathan Pereira despídese con aplausos da afección.
Jonathan Pereira despídese con aplausos da afección. | Fonte: lfp.es
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta