Aemet prevé un verán seco, tras unha primavera fría e húmida

A noite de San Xoán agárdanse precipitacións débiles na costa da Coruña e de Lugo e menos probables no sur.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 22/06/2016 | Actualizada ás 17:00

Comparte esta noticia

Tras a "sétima" primavera máis chuviosa dos últimos 46 anos, a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) augura un verán máis seco para Galicia e con temperaturas "normais".

Termómetro que marca a calor na rúa Capitan Eloy de Ourense durante o pasado verán
Termómetro que marca a calor na rúa Capitan Eloy de Ourense durante o pasado verán | Fonte: tarsiemtb.com

O delegado da Aemet en Galicia, Francisco Infante, presentou o balance climatolóxico da primavera, que resultou "fría" e "húmida", e avanzou na predición estacional para o verán e tamén para os próximos días.

En concreto, para a noite de San Xoán, espéranse chuvias débiles na costa da Coruña e Lugo, sendo menos probables na zona sur de Galicia. De cara ao verán, a Aemet non aprecia "diferenzas significativas" e por iso augura un período estival con temperaturas "normais" e, iso si, máis seco xa que espera unha "probabilidade inferior aos valores normais" de precipitacións.

Primavera “fría”

Respecto á primavera, esta foi "fría e húmida", sobre todo polos valores rexistrados nos meses de marzo e abril, caracterizados por un "anomalía negativa de temperaturas en toda Galicia".

Ademais, as precipitacións durante a primavera foron cuantiosas, o que leva a situar esta estación como "a sétima primavera máis chuviosa dos últimos 46 anos".

Fronte a isto, maio tivo un comportamento máis "normal" en canto a temperaturas, chegando a superar os 30 graos durante os primeiros días do mes; e en canto ás precipitacións, continuaron sendo abundantes para esta época do ano.

Precisamente, estas intensas precipitacións repercuten no balance hídrico, e é que Galicia está "moi afastada da zona de posible período de seca". "Temos superávit de precipitacións claramente", afirma o delegado da Aemet.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Montesío

Se o día a Aemet, eu non gardaría os paraguas.

1 arzuacapital

Que raro, sendo verán ...