Ferreiro sae ao paso das críticas e di que pechará a campaña en Madrid como “embaixador” das mareas

O alcalde da Coruña, que desatendeu o convite para participar no mitin final de En Marea, asegura que a súa presenza no acto central de Unidos Podemos é un recoñecemento a todos os gobernos das mareas.

Por E.P. | A Coruña | 22/06/2016 | Actualizada ás 21:11

Comparte esta noticia

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro (Marea Atlántica) saíu ao paso das críticas que recibiu hoxe nas redes sociais por desatender o convite de En Marea para participar no peche de campaña en Santiago e preferir ir este venres ao de Unido Podemos en Madrid. Ferreiro quixo evitar calquera síntoma que se puidese interpretar como un desencontro con En Marea e quitou ferro a este asunto, manifestando que entende a súa presenza na capital de España como un recoñecemento a todos os gobernos das mareas.

Iglesias, líder de Podemos, e Ferreiro, alcalde da Coruña pola Marea Atlántica, no mitin das xerais de 2015 na Coruña.
Iglesias, líder de Podemos, e Ferreiro, alcalde da Coruña pola Marea Atlántica, no mitin das xerais de 2015 na Coruña.

"Síntome moi contento, moi contento cada vez que Martiño (Noriega), Jorge (Suárez) ou os deputados de En Marea se referencian no goberno da Coruña como un goberno do cambio, ou cada vez que o fai Xosé Manuel Beiras ou o fai Pablo Iglesias ou Íñigo Errejón. Eu creo que é capital político que podemos poñer enriba da mesa nestes momentos os tres concellos da provincia da Coruña e os do resto do Estado", expresou ao ser preguntado polo convite que lle fixo Unidos Podemos.

Así mesmo, engadiu que a relación política que ten con En Marea e co resto das candidaturas de confluencia é de "cooperación e compañeirismo". "Polo tanto, cando un compañeiro presume dun, eu encantado porque todos os que estamos sentados na mesa somos compañeiros e traballo para eles, como entendo que eles traballan para nós, porque o obxectivo é un", dixo.

Á pregunta de por que se elixiu un único alcalde, Xulio Ferreiro chanceou con que "haberá que deixar alguén en Galicia". "A min mándanme de embaixador e o resto quedan aquí. Ogallá puidésemos estar en dous sitios á vez!", expresou Ferreiro, antes de aclarar que "os liderados son corais e non se trata de referencias persoais, senón que a referencia do cambio en Galicia é colectiva".

Por outro lado, e preguntado por se optará a ser candidato á Xunta, Ferreiro foi rotundo cun "non". "Esta seima", dixo en broma sobre a resposta á pregunta, antes de engadir que non lle parecía "serio despois dun ano" nunha responsabilidade como a que ten á fronte do Concello da Coruña.

Así, e aínda que dixo que lle "afaga" que se fale del como un referente para encabezar a lista dunha confluencia para as galegas, asegurou que vai cumprir co seu mandato. "E se poden ser oito, non serán catro", sentenciou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

8 Ted Flanders

Para embaixador Paco Vázquez!!!! se queres posicionarte na "Villa y Corte" pódelo facer por méritos propios como os demais...a Universidade está chea de galego números Un nas suas especialidades, a administración xeral, ade xustiza...a de interior o exército....O que te contaría eu que levo mais de 30 anos eiquí....Xa temos moitos embaixadores e dos bós!!! Se queres un posto de traballo vai a Deloitte ou a Price W. ou a Adecco etc.. etc..

7 Próculo

Pero quen o nomeou "embaixador"? Só lle falta chegar en carroza ao Palacio de Oriente a presentar as credenciais.

6 Xa me pasou o mareo

Xa desisto, non teñen amaño... ao final unha panda de cantamañanas, papadores de mariscadas, cheos de contradiccions... XA OS CRUCEI PA SEMPRE!

5 Sesese

Este tío sempre pensou en madrid

4 Tuchiño

Pois non ían levar ó alcalde de Ferrol¡¡¡¡¡