Agudízase o conflito entre os traballadores da Deputación de Pontevedra e o BNG

Uns descoñecidos encheron a sede do Bloque en Soutomaior de cartaces críticos coa súa xestión no ente provincial. Os nacionalistas acusan aos “enchufados” do es presidente, Rafael Louzán, de estar detrás destas accións.

Por Galicia Confidencial | Soutomaior | 23/06/2016 | Actualizada ás 13:00

Comparte esta noticia

Hai unhas semanas era o deputado provincial do BNG Uxío Benítez, o que recibía unha coroa mortuoria diante do Concello de Tomiño e, desta volta, foi a sede do BNG en Soutomaior a que apareceu este mércores chega de cartaces críticos coa xestión que os nacionalistas están facendo no ente provincial.

Carteces críticos coa xestión do BNG na Deputación de Pontevedra colocados na sede do Bloque en Soutomaior
Carteces críticos coa xestión do BNG na Deputación de Pontevedra colocados na sede do Bloque en Soutomaior | Fonte: BNG

O grupo municipal do BNG de Soutomaior denunciou este "ataque vandálico" á súa sede que, di, causou danos e cubriron cola branca e carteis nas cristaleiras do local. Unha acción que esta formación di que forma  "parte dunha campaña dun grupo de enchufados da Deputación, que accederon nos tempos do PP con Louzán, e pretenden manter uns privilexios que de ningunha maneira imos tolerar".

“Durante anos, estas persoas cobraron diñeiro público sen xustificar en concepto de dietas. Casos de caciquismo tan flagantes como que persoas que vivían a 30 quilómetros de Pontevedra pretendían cobrar 110 noites de hotel ao ano sen sequera presentar unha factura”, lembran os nacionalistas que acusan a un grupo de traballadores de atacalos porque “se lles cortou a billa”.

Por iso, suliñan que estas agresións “non fan senón corroborar o bo traballo que o BNG está a facer de limpeza e democratización dun organismo caduco e caciquil como foi dende sempre a Deputación de Pontevedra”.  E instan ao líder do PP en Pontevedra, Alfonso Rueda, a que poña fin “a esta tolemia e a que deixe de amparar a unhas persoas que están amosando unha actitude tan fascista como impresentable”.  

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

4 Antinostrus

E non será o Cretino (en palabras proprias) do Rubén Perez (de Izquierda Uruguaya) quen está detrás desto?????..ese paifoco que dí, ao estilo dos fachas mais rancios, que non é quen de aparcar cando ven facer unha xestión álacapitaldesdesuVigo....pois ven en Tren e da exemplo, Mamalón!!!!...Vaia Mer da de Esquerda que temos neste pais, Galiza...!!!...Esperta Beiras!!...ollo coa Bicosxudaicos da Díaz!!.

3 Eu mesmo

Son de CCOO e, polo tanto, do PP e da Marea de Pontevedra de ENCE. As cousas son así.

2 LOUZAN´S CHIRINGUITO

Que presenten éstes mal nacidos a súas declaracións da renta e os certificados do que cobraron todos estes anos, máis ben o que roubaron. Xente que cobra salarios mínimos de 640 euros o mes ten que pagar impostos para pagarlle a estes ladróns máis de 70.000 euros o ano. Que devolvan o roubado e que paguen polos desperfectos nos locais do BNG e polos desperfectos da maquinaria que están a romper e que son de todos os cidadáns.

1 Non confundamos

Os traballadores da Deputación apoian ao BNG. Isto son os catro enchufados.