Un sindicato compara a La Voz con Tolkien pola información sobre as oposicións

O STEG carga contra a “importante contribución da Voz á literatura fantástica” e recorda que o ensino público perdeu máis de mil profesores dende que goberna o PP.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 23/06/2016 | Actualizada ás 15:00

Comparte esta noticia

Esta semana miles de galegos participan nas oposicións ao ensino público. O STEG, un dos principais sindicatos do ensino, critica a coincidencia das probas coas eleccións e, particularmente, a liña editorial dun artigo de La Voz de Galicia.

Feijóo e o editor de La Voz Santiago Rey
Feijóo e o editor de La Voz Santiago Rey | Fonte: GC

“Sen discutir a importante contribución que A Voz de Galicia veu facendo nestes anos ao xénero da literatura fantástica galega”, a central desmente que as 1.112 prazas convocadas supoñan un avance real.

O ensino privado e concertado medrou

Así, o STEG sinala que dende que o PP volveu a gobernar a Xunta o Ensino Público perdeu 1.198 mestres e 95 profesores, pasando de 15.178 a 13.980, namentres os centros privados gañaban 20 profesores e os centros concertados gañaban outros 16. 

O volume da convocatoria deste ano, malia ser moito maior que o volume de prazas dos exercicios inmediatamente anteriores, dista moito da etapa pre-crisis. Así, fronte ás 1.102 prazas que se convocan este ano no ano 2007 convocáronse 3.073 prazas e no 1.914 prazas.

Faixa da protesta dentro de San Caetano nunha imaxe da web do STEG
Faixa da protesta dentro de San Caetano nunha imaxe da web do STEG

O sindicato cualifica a información do diario coruñés titulada “Llegan las oposiciones del siglo en Galicia”  de “tratado da Invención ao xeito das grandes figuras da literatura” debido ao seu “ton lírico” resultante dun suposto “engranaxe” entre a cabeceira herculina e a Consellería de Educación. Na súa opinión, afirmar cousas como que coas oposicións desta semana vanse “recuperar el número de profesores que había en el 2009” é algo digno de Tolkien.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 Xabier Cabrero

Todas las opiniones son respetables, pero la verdad es que deben convocarse todas las oposiciones que quedan pendientes para recuperar el nivel de funcionarios de aaós atrás, ya sean médicos, policias locales, etc. Para estar seguros deben aprobar unos buenos test psicotécnicos, tanto aptitudinales como de personalidad y la entrevista personal.

2 Titular alternativo

Unha web faise eco do comunicado dun sindicato minoritario para atacar a un medio.

1 Corrector

En que ano dis que se crearon 1.914 prazas? E non se di "dende que o PP volveu a gobernar" senón "dende que o PP volveu gobernar"