Temas: CELTISMO

Houbo celtas ou non en Galicia?

O arqueólogo Fernando Acuña Castroviejo asegura que en Galicia non se pode dicir que "houbo unha poboación celta".

Por Galicia Confidencial | Compostela | 24/06/2016 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

“O celtismo tivo o seu papel no pasado como sinal de identidade. Non ten sentido falar de castro celta e sabemos que hai epigrafía de orixe céltica pero o concepto actual é diferente. É o da Europa Atlántica”. Así de rotundo se amosa o catedrático de Arqueoloxía Fernando Acuña Castroviejo nunha entrevista na web Historia de Galicia.

O catedrático e profesor de Arqueoloxía Fernando Acuña Castroviejo
O catedrático e profesor de Arqueoloxía Fernando Acuña Castroviejo | Fonte: XS

Non podemos dicir que hai unha poboación celta. Iso respondeu a un tempo determinado e hoxe en día as circunstancias son diferentes”, suliña este investigador e profesor na USC durante 47 anos.  Ademais, critica a falta de implicación das administracións nas escavacións o que está levando, di, a que agora se fagan “pequenas intervencións en cada castro e iso non dá coñecemento suficiente”.

Con todo é optimista sobre o futuro arqueolóxico galego e, sobre todo, coas novas fornadas de investigadores. “Hoxe progresa moito a investigación a pesar dos problemas económicos e das trabas administrativas”, suliña. Podes ler toda a entrevista en HdG.

Temas: CELTISMO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

2 Doublethink

Non houbo celtas. Eran da mesma raza que os das illas británicas, tiñan unha lingua similar e contacto regular por mar, pero non eran celtas.

1 Montesío

Que eran? Eu pensei que Galicia significaba o país dos Celtas...

2 Doublethink

Era retranca.

1 Xanti

Iso de preguntarlle a un vago...