Obxectivo: mínimo 26.149

O Deportivo mantén os prezos, suprime os ‘días do club’ e estende os descontos a todo o estadio na súa nova campaña de abonados, 'Ti es a nosa historia', coa intención de aumentar a súa masa social. Ademáis, crea unha 'Bancada Solidaria' con capacidade para 250 espectadores.

Por gcdeportes | A Coruña | 24/06/2016 | Actualizada ás 09:08

Comparte esta noticia

Unha campaña que pretende ser unha homenaxe á afección. Ti es a nosa historia é o lema cando se cumplen xa 110 anos desa historia (o vindeiro 8 de decembro). O RC Deportivo ven de presentar este xoves a campaña de abonados para a vindeira tempada, a 2016-17, na que mantén os mesmos prezos da campaña anterior, suprime os días do club (Celta, Barcelona e Real Madrid) e amplía os descontos a todas as bancadas de Riazor, incluíndo Maratón inferior.

Todo para tentar encher Riazor e superar a cifra da campaña 2015-16, na que o Deportivo medrou ata os 26.149 socios. Os prezos, ata o 10 de agosto e sen bonificacións, estarán entre os 180 e 595 euros. A última semana antes do comezo da Liga subirán un 10%: entre 198 e 655 euros. O carné anual inclúe os partidos de Liga e Copa do primeiro equipo, os da canteira e tamén os do Deportivo feminino, que se estrea na tempada 2016-17 co obxectivo de ascender canto antes á Primeira. "O socio é un asunto vital para nós, o eixo central nos 110 anos de historia" do club coruñés, asegurou Martín Pita, conselleiro da área social e encargado da presentación da campaña.

Ademáis, outra novidade é a creación da Bancada Solidaria, cunha capacidade para 250 persoas, para axudar á integración social de colectivos como ONG, fundacións e institucións sen ánimo de lucro que traballen a nivel local con colectivos desfavorecidos, saúde, a infancia ou na integración social.

Aspecto de Riazor no último derbi co Celta.
Aspecto de Riazor no último derbi co Celta. | Fonte: @RCDeportivo

Ademáis, o RC Deportivo mantén o abono familiar, a bancada para os peñistas e a de estudantes, todas con bonificacións. E todos os abonados do Dépor terán un 50% de desconto para facerse socios do Básquet Coruña. O club premiará os afeccionados que acudan a todos os partidos con sorteos, incluído un coche.

Os seareiros do Dépor poderán darse de alta nas localidades dispoñíbeis ou renovar os seus abonos a partires do luns na Oficina de atención ao socio e dende xa na web do club: os menores de 25 anos, cun desconto do 40%; un 30% para os desempregados e un 20% para os maiores de 65 e as persoas con discapacidade.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta