O Brexit golpeará a economía galega

A marcha do Reino Unido da Unión Europea supón unha pésima noticia para a economía galega. Sectores como o téxtil, o turismo, a automoción e as inmobiliarias poden sofrer importantes caídas da súa facturación. A emigración perderá poder adquisitivo.

Por Galicia Confidencial | Londres | 24/06/2016 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

Todo isto ademais das dúbidas que penden sobre os 12.882 galegos que están rexistrados legalmente como emigrantes no Reino Unido. Unha cifra que na realidade pode ser moito maior, pois moitos dos mozos que marcharon estes anos non cambian legalmente a súa residencia inmediatamente. Unicamente Suiza atrae máis emigrantes galegos que o Reino Unido, onde só en 2014 inscribiron 519 galegos.

Unha tenda de Zara no Reino Unido
Unha tenda de Zara no Reino Unido | Fonte: wikimedia

O segundo país que máis emigrantes galegos atrae

A primeira consecuencia para eles é unha depreciación dos seus ingresos e aforros fronte ao euro.  Como era previsíbel, a libra esterlina está a sufrir unha importante caída, cotizándose ao medio ao redor de 0,8 euros por cada libra, o que supón unha variación do 4,4% nunhas horas. A caída respecto ao dólar é de case o 10%.

Os emigrantes galegos terán que estar atentos aos cambios legais sobre a residencia. As modificacións non serán inmediatas, pois o mecanismo para marchar da UE pode prolongarse até un ano. Con todo, a emigración está detrás do voto dos partidarios do ‘brexit’. Polo tanto, as novas normas para poder traballar e vivir legalmente no Reino Unido serán probablemente moito máis estritas que a liberdade de movementos actual.

Sectores afectados

A nivel macroeconómico, hai que ter en conta que Galicia exporta moito máis do que importa das Illas. Isto é negativo, pois cunha libra máis barata os británicos terán máis dificultades para comprar produtos do país.

En 2014,  509 empresas declararon unha facturación para aló de 1.097.101.610 euros. A relativa boa saúde económica do Reino Unido nestes anos axudou a que as exportacións disparáranse nos últimos exercicios, cunha taxa de crecemento próxima ao 20%. Galicia é a novena autonomía do Estado que máis exporta ao Reino Unido.

Inditex, Bimba y Lola, Caramelo son algunhas das empresas con importantes facturacións no Reino Unido no sector téxtil, o máis importante entre as exportación. No sector do automóbil numerosas empresas auxiliares de Citroën sufrirán as consecuencias, pois exportan alá cada ano pezas por valor de 169 millóns. Cupa, Plexus, Exlabesa e Cupa son outras das grandes empresas que ven amenazadas os seus investimentos británicos.

Agricultura e turismo

No sector primario, o volume de exportacións non é moi importante. Con todo, o Brexit afectará a moitas pequenas empresas especializadas en produtos de calidade e ecolóxicos. A carne, o mel e, sobre todo, os viños de gama alta poden sufrir menos demanda ante a previsíbel volta dos aranceis. Só os Estados Unidos importan máis viño que o Reino Unido.

Outro sector amenazado é o do turismo. Os británicos supoñen o 8% dos turistas estranxeiros que cada ano visita Galicia. Eles son os líderes da demanda foránea no mercado inmobiliario, especialmente nas zonas da costa, cun gasto por turista que estaba a aumentar a un ritmo dun 11% anual. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

4 Gustavo

Hai que decilo todo: si a saida do RU perxudica a alguunhas exportacións, moito máis o fixeron as sancións a Rusia provocadas pola UE, no sector do porcino ou do leite, e diso pouco se dixo. Así que....xa se verá.

3 Para cando o Galexit?

Que mal ven os cipaios o exercer o dereito soberano dun pobo (a observar o decisivo voto da clase traballadora) a desligarse da UE dos mercachifles, e as políticas impostas da Troika de bucaneiros. O que mais dalles medo é o seguro efecto boomerang. Soñar cunha Galiza soberana, ao quedar sós, unha vez que todos os pobos de Europa, decidiran soberanamente independizarse da CEE.

1 teutonio

Pero se as políticas impostas pola troika son as mesmas que implementan en Londres e apoian en Bruxelas os tories de Boris Johnson!!. O Reino Unido sempre foi o líder dos estados que buscaban a austeridade, desregularización e as políticas máis neoliberais... o que é non saber.

2 Sesese

Ainda non caimos da burra. Seguimos pensando que os cartos caen do ceo

3 nostrus

Precisase solidariedade e reciprocidade e dar as costas aos demais co único argumento do egoismo non trae boas consecuencias. Por outra banda e no teu caso segue soñando cunha Galicia soberana, porque soñar é gratis, pero cando aprendas que calquer pobo ten dereito a soberania o teu sono convirtirase en pesadelo.

2 Gamela

Por que me dá que esta decisión británica non é nada malo para nós! Ate agora tiñamos un cabalo de Troia no corazón da City de Londres (por aí marchaban tódolos capitais comunitarios sen control algún!) // Non sei como alguén pode botar de menos un país que que tiña tódalas vantaxes de UE e mantiña unha Libra Esterlina cunha clara vantaxe entre o €uros e o Dolar (xogando con dúas barallas tiraban proveito de ambos lados do Atlántico!) // E sobre todo non comprendo como o idioma INGLÉS era o empregado pola Comisión Europea e demáis institucións comunitarias... ¿Agora falarán galego en Bruxelas?

1 XanKaraLlás

O Estado Español debería ser o primeiro en seguir o digno exemplo do Reino Unido. A actual Europa dos mercados é a que está a foder á maior parte da xente cos criminais recortes sociais e co interminable pago público das débedas privadas. Menos lamber o cu da Merkel e compañía, menos votar co cu, sobre todo os galegos, e máis votar e actuar coa cabeza.

1 Sesese

Xa se ve o ben que lle prestou a economía europea a fachenda do " imperio" británico. A soberbia e filla de mal pai