AGE e BNG ven no Brexit unha reacción de protesta contra o modelo europeo

Lidia Senra interpreta que o resultado do referendo amosa "a pouca credibilidade dunha UE que se construíu en contra dos pobos", mentres que Ana Pontón cre que é "unha crítica ás políticas neoliberais" comunitarias.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 24/06/2016 | Actualizada ás 15:42

Comparte esta noticia

AGE e BNG, as dúas principais forzas nacionalistas de Galicia, reaccionaron aos resultados do referendo no Reino Unido —que decidiu abandonar a Unión Europea (UE)— con críticas ao modelo socioeconómico comunitario. Segundo Lídia Senra, eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGE), integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), "a decisión do Reino Unido amosa a pouca credibilidade dunha UE construída contra os pobos”, mentres que para Ana Pontón, líder do Bloque, a decisión dos británicos "é unha crítica ás políticas neoliberais" que se aplican na UE.

Os británicos votaron en referendo saír da UE, nunha votación histórica.
Os británicos votaron en referendo saír da UE, nunha votación histórica.

Senra valorou este venres os resultados do referendo celebrado no Reino Unido, no que un 51,9% da poboación votou a favor de abandonar a UE e un 48,1% decantouse pola permanencia do Reino Unido como Estado membro na UE. Senra considera que “o feito de que no referendo gañara a posición do Brexit amosan "a pouca credibilidade dunha UE que se construíu en contra dos pobos, a favor das multinacionais, e cuxas decisións responden única e exclusivamente á ditadura dos mercados e duns líderes á fronte da Comisión Europea (CE) e do Consello que non son capaces de resolver ningunha das graves crises (migratoria, social, ambiental, climática) que asolan hoxe a realidade deste espazo de (Des)Integración Europea".

Aínda que Senra recoñeceu que a "dereita populista e xenófoba" está "pescando" neste "malestar", "non é menos certo que nesta votación tamén se reflicte o malestar das clases populares e dunha parte importante da esquerda que loita contra a crise e as políticas de austeridade impostas polo poder económico que está por detrás das decisións da Unión Europea que conlevan a perda de dereitos sociais, económicos e de libertades e mesmo de democracia e soberanía dos pobos".

Por outro lado, a representante de AGEe no Parlamento Europeo afimrou que “chama a atención neste referendo a posición de Escocia ou de Irlanda no Norte a favor da permanencia, que con toda certeza tamén pode ser interpretado como unha forma de expresión e loita pola súa soberanía nacional fronte ao estado-nación hexemonizado por Inglaterra”. 

Lídia Senra destactou tamén "a valentía por parte do Reino Unido de convocar un referendo para que o pobo poidese expresarse sobre un asunto de tanta importancia", en contraste co medo do Goberno do Estado español, que se manifesta, por exemplo, na negativa ao referendo en Cataluña”.

Boris Johnson, ex-alcalde conservador de Londres e un dos políticos máis activos a prol do Brexit
Boris Johnson, ex-alcalde conservador de Londres e un dos políticos máis activos a prol do Brexit | Fonte: Youtube.

Pola súa banda, a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, trasladou o "respecto" da formación frentista pola decisión adoptada no Reino Unido en relación á saída da UE e identificouna como "unha crítica ás políticas neoliberais".

"Os cidadáns decidiron democraticamente a través dun referendo. O primeiro que temos que facer é respectar a súa decisión. Tamén cremos que é unha crítica ás políticas neoliberais que se caracterizaron por romper durante estes anos", aseverou.

En terceiro lugar, a xeito de reflexión, apuntou que o BNG "sempre foi moi crítico" co proxecto da UE. "Posicionámonos en contra e, con este novo acontecemento, demóstrase o fracaso. É o momento de abrir un debate de fondo sobre esta UE a nivel de dereitos sociais", defendeu, convencida de que hai que aproveitar para "dar un debate de futuro que deixa atrás as políticas de recortes que caracterizaron a política da UE".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 10 comentarios

7 nostrus

El escaso apoyo del BNGe en Galicia tambien puede interpretarse como una protesta hacia el necionalismo y sin embargo el RNG no se entera.

1 TEUS_non_meus

Se enteran ustedes del escaso apoyo al PP, al PSOE, a Ciurdadanos etc.? Se enteran ustedes del independentismo de los catalanes? Para cuándo se planea el referéndum en toda España sobre la salida de Cataluña? Y ya en serio : Aunque no existiera el BNG, ni todos los partidos nacionalistas que a usted se le ocurran, seguirá habiendo nacionalistas en Euskadi, Cataluña y Galicia, porque gente como usted los fabrican todos los días. Ustedes no se enteran de lo que pasa a su alrededor y pretenden obligar a los demás a soportarlos...Quién querría bien a un país donde gobiernan ladrones y miserables?

2 nostrus

TEUS_non_meus. ¿Acaso os nacionalismos estan vacunados contra a corrupcion?¿os nacionalistas estan exentos de ser ladrons e miserables?. Certo que sempre seguirá habendo nacionalismos e seguira habendo ladrons e miserables, pero non se debe fomentar o roubo, nin tampouco a insolidariedade, o egoismo, o supremacismo, o odio e o desprezo.

3 Teus_again

Engado mentireiros ao de ladróns e miserables: Supremacismo o español cando quere impoñer unha lingua (amais de poñer boicots aos produtos dos cataláns cando fracasan). Insolidariedade a española con Galiza (amáis de roubo e saboteo). Egoismo o español cando queren a Cataluña por interés. Odio o dos españolistas, por toda Latinoamérica o coñecen e por elo mandan a tomar vento dia si e dia tamén a España(e ainda andades a chorar co da Lenda Negra). Desprezo: Coma o teu a quen defende milloras para Galiza?. E si, o nacionalismo galego é bastante mais presentable que calquera opción españolista, non hai relación ca delincuencia común, como a hai no PP e no PSOE, nin casos de corrupción probados (e non porque non intentedes de todos os xeitos atopar algo) e un bó feixe de éxitos nos concellos donde estivo o BNG gobernando ....NON HAI COMPARACIÓN.

6 Eu mesmo

Eles dín "os resultados amosan a pouca credibilidade dunha UE que se construíu en contra dos pobos, a favor das multinacionais, e cuxas decisións responden única e exclusivamente á ditadura dos mercados...". O radicalismo nacionalista inglés non tivo nada que ver. Que pregunte aos eurodiputados escoceses, antes de soltar burradas, ou a Camilo Nogueira. Pero qué fixemos os galegos para merecer esto?.

5 Alberte

Yulio é um nacionalista que não vai exercer de nacionalista à fronte da Câmara Municipal da Corunha (sic). Vê-lo nos Mandriles, escutando falar de Pátria, Pátria (espanhola, com certeza), "impasible el ademán", produz tristeza. Por favor, Yulio, quando volvas dizer que es nacionalista, muda o apelido. Se calhar, como diz Fernández Bello (assim, acastrapado), o BNG é passado, e o futuro é o peronismo-falangismo-lerrouxismo ESPANHOL. Nós ainda temos dignidade.

4 NACIONALISMO SI

si pero o sinvergonza de waldo das jons dixo que estaba a favor da ue e decir do sacro imperio xermanico de merkel, waldo, marijuano, rivieras e pedruletas son todos banda o estilo mafias... estan arruinando o pobo, GALIZA POLA LIBERDADE non pode votar a esta xente que pasa de nos... Galiza ten que votar nacionalismo e non a 4 partidos de necios e traidores, golfos, apandadores, NON AS CATRO CAMANDULAS!!!

3 Anonymous

A ignorancia da 'nova' esquerda galega e do nacionalismo galego é moi atrevida. Eu vivo no Reino Unido e é un dos países coa taxa de paro máis baixa de Europa e con maior protección social. Nas grandes cidades votouse masivamente por seguir na UE e tamén entre a poboación máis nova. Isto non ten nada que ver co neoliberalismo da UE, senón cun sentimento patriótico das vellas xeracións británicas nacionalistas, que agardaban un momento coma este e que se deixaron convencer polo discurso xenófobo e aislacionista da ultra dereita británica. O oportunismo do que están tirando en España e Galicia certas forzas políticas para acomodar o resultado do referendo aos seus intereses electorais é patético e mostra o nivel de ignorancia no que viven gozosos. Que non vos enganen os que queren levantar máis fronteiras. O camiño é derrubalas.