Un Deportivo... da Coruña

A Federación de Peñas do Deportivo e outros colectivos de afeccionados piden ao club que adapte o seu nome ao galego. “Pedimos, non máis, que o Dépor sexa por fin da Coruña”, remata o seu comunicado. Comezarán unha recollida de firmas para apoiar a súa reclamación.

Por gcdeportes | A Coruña | 25/06/2016 | Actualizada ás 09:32

Comparte esta noticia

Para que o Dépor sexa por fin da Coruña. Unha vella reivindicación que volve coller forza. A Federación de Peñas do Deportivo, xunto con outros colectivos deportivistas, reclaman que o RC Deportivo adapte o seu nome oficial ao galego e pase a chamarse Deportivo da Coruña, no canto do actual Deportivo de La Coruña.

Mosaico coa bandeira galega nas bancadas de Riazor.
Mosaico coa bandeira galega nas bancadas de Riazor. | Fonte: lfp.es

“Pedimos, non máis, que o Deportivo sexa da súa cidade: A Coruña, e que o galego gañe usos e espazos na vida do noso Club. Facémolo como coruñeses, facémolo como galegos, pero facémolo sobre todo como deportivistas. É tempo de camiñar cos tempos. Coa nosa unión, Forza Dépor”, remata o comunicado asinado pola Federación de Peñas, Old Faces e Riazor Blues, colectivos que comezarán axiña unha recollida de firmas entre o deportivismo para apoiar a súa reivindicación.

“E é que o idioma de Galicia confúndese coas cores deportivistas, somos todo un. Por iso, por intelixencia e por sentimento, temos que, colectivamente, empurrar o Deportivo a dar o paso, a vencer clichés pasados de moda, que poden ofrecer a imaxe dun club elitista e arcaico, afastado da sociedade que non se corresponde coa relidade da familia deportivista. Temos que, coa nosa unión, facer normal no deportivismo o que é normal na rúa, na empresa, na administración ou nos medios de comunicación: oficialmente, e por acordo do Congreso dos Deputados dende 1998, a nosa cidade ten un nome: A Coruña”, argumentan os afeccionados deportivistas no seu escrito, que leva por título ‘Eu apoio que o Deportivo sexa da Coruña’.

Os seareiros branquiazuis recoñecen os pasos dados “tímidamente” dende o club no uso do galego, tanto nas campañas publicitarias como na megafonía do estadio, “e non pasou absolutamente nada, nada malo”. E por iso reclaman agora un paso máis do seu club, “a institución máis representativa da Coruña” o “emblema da sociedade civil coruñesa”, pero tamén “por vocación e traxectoria, o grande equipo de Galicia”, sosteñen no seu comunicado para solicitar por fin un Deportivo da Coruña.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

4 Bufffff

A ver, menos corrección política... Na Coruña falan galego tres vellos que viñeron do campo nos 60, dous frikis da Marea, e outro friki mais que son eu. Por certo, non caín dun guindo. Ao igual que os partidos políticos asaltaron as asociacións de veciños ou reparten prazas docentes na universidade, estes aficionados son tres lambonciños da Marea, que dan a cara por unha campaña deseñada polos seus xefes. Xa lles caerán as miguiñas.

1 Eu mesmo

Non é iso. E levar ao nome do clube o nome oficial da cidade, Independentemente que falen galego 3 ou 300.000 coruñeses. Ou é que só poden ser socios os que viven na cidade. Os de Carballo, p.e., non poden opinar, ou qué?

2 Bufffff

E vai haber campaña para liquidar outros nomes coloquiais da Coruña, como Marineda City, panadería Brigantium, etc. Veña oh, veña. Isto ven de arriba abaixo. Non é unha iniciativa popular senón que simula selo. Que non cain dun guindo oh.

3 Antinostrus

Sendu Legais e Literais deberia ser Deportivudelacuruña...todolodemasteespaila...e Presidentes de Honra os cosmopailáns Abel Caballeru e Pacu Vazquez......co Nostrus como Damapalanganeiracipaiomercenariautilleiradecana..........

2 Delft

Sí e mil veces Sí á proposta! Adiante Deportivo da Coruña!

1 Coma din os vellos

O día que sexa da Cruña levará o nome da súa cidade...