San José medra no Golfo Pérsico

A construtora pontevedresa logra un macrocontrato en Abu Dhabi e consegui que a maioría dos seus ingresos proveñan xa do estranxeiro.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 25/06/2016 | Actualizada ás 16:47

Comparte esta noticia

O Grupo San José adxudicouse a construción dun complexo de vivendas e zona comercial de luxo nunha illa de Abu Dhabi por un importe de 300 millóns de euros, segundo anunciou a compañía.

Jacinto Rey, no lanzamento a bolsa da construtora San José
Jacinto Rey, no lanzamento a bolsa da construtora San José

Con este 'macrocontrato', a compañía que preside Jacinto Rey reforza a presenza que ten neste emirato, onde nos últimos anos logrou varios proxectos, entre os que figura a execución do Museo Louvre do país, estimado nuns 500 millóns de euros.

O actual proxecto consiste na construción na Isla de Saadiyat, situada a uns 500 metros da cidade de Abu Dhabi, dun complexo de nove edificios, que sumarán 461 vivendas de luxo e unha zona comercial.

San José acometerá en consorcio coa empresa Pivot Engineering & General Contracting este contrato, promovido por The Tourism Development & Investment Company (TDIC).

O denominado proxecto 'Mamsha Al Saadiyat' forma parte do plan do emirato para promover turisticamente esta illa, dunhas 2.700 hectáreas de superficie e o nome das cales significa 'felicidade'.

Con este contrato, San José dá un paso máis na súa estratexia de internacionalización, que xa achega o 60% dos ingresos do grupo, o 80% no caso da división de construción.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

O tempo pon a cada quen no seu lugar. Jacinto Rey atopou por fin un lugar onde a liberdade de expresión nin existe nin se lle espera... Á sombra do emir e da súa familia poden medrar os negocios libres de calquera traba... mesmo pode ter traballadores en semi-escravitude para maior gloria da FELICIDADE HUMANA! Alégrome de saber que Nunca Máis teremos un constructor que merque vontades financiando e fundindo medios de comunicación en Galicia (Xornal de Galicia, aínda ten os arquivos daqueles anos de Prensa Bipartita) // Eu case pediría que se traslade a vivir a Abu Dhabi e que reste alí o tempo que lle quede de vida... e que lle aproveite! (O mesmo poderíamos dicir do inquilino de Avión que chegou a semana pasada no seu jet privado e con RollsRoyce para ir polas corredoiras destas terras deixadas da man de Deus... Aos Vázquez Raña e aos Jacintos que os corten polos pés... e se queren vir a Galicia QUE PAGUEN TODO O QUE DEBEN !!!