Cae o voto emigrante pero aumenta o voto por correo

A ponte por este San Xoán sacou a moitos galegos do seu domicilio habitual, ante o que se disparan os sufraxios por esta vía un 32%.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 25/06/2016 | Actualizada ás 22:44

Comparte esta noticia

A empresa pública estatal Correos informa que tramitou 72.096 solicitudes para votar por correo en Galicia. Este domingo, deste xeito aumenta un 32 por cento respecto das pasadas eleccións de decembro, na que 54.641 galegos residentes no país pediron votar por correo..

Un cidadán deposita o seu voto nas urnas durante as pasadas eleccións
Un cidadán deposita o seu voto nas urnas durante as pasadas eleccións

Por provincias, son A Coruña e Pontevedra as que se sitúan á cabeza, con 28.818 e 23.500 solicitudes, Lugo e Ourense quedan con 9.600 e 10.000.

Unha explicación deste aumento é a coincidencia das eleccións cunha ponte en Galicia, pois o venres foi festivo na comunidade, e o inicio das vacacións para moitos. En principio, non se espera un aumento da participación respecto o 20D. O voto emigrante caeu significativamente e os expertos apuntan a que algúns electores poden quedar na casa ante a repetición dos comicios. 

O xoves foi o último día para exercer o dereito ao voto por correo. Houbo colas nalgunhas oficinas, e tamén aquí hai persoas que denuncian que non lles chegou a tempo a documentación.

En toda España, Correos admitiu 1.452.988 solicitudes, é un 85 por cento máis que nas eleccións de decembro.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Boikot circo con animais

A farsa electoral burguesa do réxime bubónico neo franquista, cada vez está mais desacreditada. Un millón mais de votos por correo que o 20D? iso cheira mal. A abstención supera o 50% se as persoas con dereito a voto lles restamos os votantes. Nas últimas eleccións deron sobre un 30% de abstención. Con maquilaxes, leis d´Hont e votos que valen por 3 onde lles interesa, temos que o PP tivo un 28% de votos emitodos. Un 17% de voto total, contando a abstención. Se vemos que os votantes do PP teñen en 2/3 partes mais de 65 anos ( en 2/3 os do PSOE 2.0 ou votan por vez primeira ou non teñen esperenciaa social-laboral ), e non teñen apeas incidencia social na economía e política, temos que os vellos con alzheimer que carretan as monxitas, votos cautivos de funcionetas policiais e rapazada nuit saida dun botellón, son os que están a lexitimar a farsa do neo franquismo bubónico.

1 euvoto

Sei de moita xente que sempre votou o PP ou que é abstencionista habitualmente que hoxe votará a En Marea/Unidos Podemos. Auguro un exito rotundo para Unidos Podemos. Non sei se gañarán o PP pero o "sorpasso" o PSOE esta asegurado.