26J.- Case 2,3 millóns de galegos poderán votar este domingo, con 20.082 peticións aceptadas da diáspora

Dos máis de 440.000 emigrantes galegos inscritos no CERA, as solicitudes autorizadas apenas supoñen un 4,5%

Santiago de Compostela | 26/06/2016 | Actualizada ás 06:02 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Un total de 2.258.131 de galegos residentes en territorio español poderán acudir ás urnas este domingo, segundo os datos publicados polo Instituto Nacional de Estatística (INE). O censo situaba en máis de 2,7 millóns os galegos chamados a votar, pero dos 443.566 emigrantes inscritos no Censo Electoral de Residentes Ausentes (CERA) poderán exercer o seu dereito a voto ao redor dun 4,5 por cento (20.082).

En Galicia, para os comicios do 26 de xuño, Galicia conta con 2.258.131 residentes en territorio español, o que supón unha caída en 7.681 persoas con respecto ás eleccións do pasado 20 de decembro. Por provincias, á Coruña correspóndenlle 934.098 residentes en España; Pontevedra conta con 773.231; Ourense, con 266.077; e Lugo, 284.725.

Os residentes no estranxeiro con solicitude de voto por correo aceptada para o 26J caeron a 20.082, 2.471 menos que as 22.553 peticións rexistradas para as eleccións do 20D. Estes 20.082 integrantes da diáspora cuxo voto foi autorizado supoñen pouco máis do 4,5 por cento dos galegos inscritos no CERA (443.566).

A última reforma do voto emigrante para garantir "a súa limpeza" e a implantación do denominado voto rogado --os emigrantes deben pedir expresamente votar nos comicios para poder exercer o seu dereito-- reduciron de forma notable o peso do sufraxio exterior nos resultados definitivos dos comicios e neste 26J cae de novo.

Así, dos máis de 440.000 inscritos, os datos da Oficina Electoral do INE que recontan o voto por correo da CERA aceptado por provincia reflicten que se aceptaron 20.082 solicitudes de voto por correo --7.475 na Coruña, 2.602 en Lugo, 3.952 en Ourense e 6.053 en Pontevedra--.

Un total de 72.720 electores censados en Galicia --28.598 na Coruña, 9.885 en Lugo, 10.556 en Ourense e 23.681 en Pontevedra-- exerceron o seu dereito ao voto por correo.

MESAS ELECTORAIS

Nos 314 municipios galegos constituiranse un total de 3.984 mesas electorais repartidas por toda comunidade, dez menos que no 20D. Delas, 1.537 estarán na Coruña; 557 en Lugo; 548 en Ourense; e 1.342, en Pontevedra.

En Galicia repártense un total de 23 escanos no Congreso --sete en Pontevedra, oito na Coruña, catro en Lugo e outro catro en Ourense-- e 16 senadores.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA