AGE pide á Unión Europa que este luns "prohiba xa" o herbicida glifosato

A eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda (AGE), Lidia Senra, pediu á Unión Europea (UE) que este luns tome a decisión de "prohibir xa" o herbicida glifosato, unha "substancia cualificada no seu día como probablemente canceríxena para os seres humanos" pola Axencia Internacional para a Investigación sobre o Cancro (IARC).

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/06/2016 | Actualizada ás 10:19 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda (AGE), Lidia Senra, pediu á Unión Europea (UE) que este luns tome a decisión de "prohibir xa" o herbicida glifosato, unha "substancia cualificada no seu día como probablemente canceríxena para os seres humanos" pola Axencia Internacional para a Investigación sobre o Cancro (IARC).

Nun comunicado, Senra recorda que este luns, día 27 de xuño, está prevista unha nova reunión do Parlamento europeo para decidir as pautas a seguir sobre este herbicida despois de que o pasado venres, e por cuarta vez consecutiva, "a Comisión Europea non lograse reunir" a maioría necesaria de apoios para aprobar a prórroga de permiso de uso desta substancia, a autorización vixente da cal expira ao 30 de xuño.

"A proposta defendida pola Comisión de conceder unha moratoria é unha manobra máis para dar tempo aos grupos de presión e para seguir fabricando dúbidas e permitir que cale información favorable aos intereses das multinacionais do herbicida coma se fose información científica", denunciou a eurodeputada.

Deste modo, alertou do "elevado uso deste herbicida nas terras agrarias, cunetas, rotondas e parques galegos" para pedir ao Estado español "que vote en contra" da prórroga do uso do glifosato para argumentar que "coa saúde non pode xogar".

"Dende AGEe instamos o Goberno español para que cambie a súa postura e se posicione pública e claramente en contra da autorización do glifosato", esixiu.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA