Leiceaga anima aos cidadáns a "votar de forma masiva" e nun ambiente "tranquilo e estable"

O candidato socialista á Presidencia da Xunta, Xoaquín Fernández Leiceaga, animou os cidadáns a votar "de forma masiva" nas eleccións xerais que se celebran este domingo.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/06/2016 | Actualizada ás 11:51 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O candidato socialista á Presidencia da Xunta, Xoaquín Fernández Leiceaga, animou os cidadáns a votar "de forma masiva" nas eleccións xerais que se celebran este domingo.

Tras depositar o seu voto nas instalacións do reitorado da Universidade de Santiago de Compostela (USC) ás 11,00 horas, Leiceaga recordou que se trata "do día grande da democracia", e que os verdadeiros protagonistas son os cidadáns.

Por ese motivo, o aspirante socialista ao Goberno galego animou a que exerzan o seu dereito a voto para reforzar as institucións e que o fagan de nun ambiente "tranquilo e estable".

Por outra banda, tras depositar o seu voto de forma puntual, Leiceaga sinalou que seguirá as noticias da xornada electoral a partir da media tarde na sede do seu partido, a pesar de que ata as 22,00 horas non terán datos fiables, calculou o socialista.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA