Temas: ELECCIóNS

Os candidatos animan a votar

Os cidadáns elixen 350 deputados e 208 senadores; 23 no Congreso e 16 no Senado. por Galicia. No país presentáronse 35 listas, sete menos que o 20 de decembro pasado. Os principais candidatos a nivel estatal e galego xa votaron.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 26/06/2016 | Actualizada ás 13:37

Comparte esta noticia

A número dous da candidatura de En Marea ao Congreso pola Coruña, Yolanda Díaz, animou á cidadanía para votar "co corazón" para poder "cambiar as cousas de base" tras as eleccións xerais deste domingo.

Leiceaga votando
Leiceaga votando

"O tempo é histórico, votade co corazón e sabendo que temos que ser corresponsables na historia, se vós queredes é posible gañar aos que gobernan sen presentarse ás eleccións, aos mercados", manifestou a tamén líder de Esquerda Unida.

Yolanda Díaz acudiu ás 12,00 horas deste domingo para votar ao Instituto de Canido, en Ferrol, onde asegurou que España e Galicia viven "un momento histórico".

BNG

O número un da lista do BNG-Nós ao Congreso pola provincia de Pontevedra, Luis Bará, confiou en "ter representación" ante a "nova oportunidade" que supón a repetición das eleccións xerais tras a convocatoria do pasado mes de decembro.

Alexandra Fernández, número 1 de En Marea por Pontevedra, vota o 26J
Alexandra Fernández, número 1 de En Marea por Pontevedra, vota o 26J

 

"Esperemos que non haxa unha terceira convocatoria e que sexa un resultado positivo nestas eleccións para o nacionalismo galego", sinalou o candidato.

 

Bará, que foi o máis madrugador dos primeiros candidatos provinciais, exerceu o seu dereito ao voto ás 9,45 horas no IES Frei Martín Sarmiento de Pontevedra, acompañado polo alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, e a edil de Educación, Igualdade e Servizos Sociais, Carme Fouces.

 

Luis Bará confiou na "alta participación" dunha xornada marcada polo bo tempo, que sexa unha "xornada tranquila e que Galicia teña unha presenza que defenda os seus intereses en Madrid", engadiu.

 

PSdeG

O candidato socialista á Presidencia da Xunta, Xoaquín Fernández Leiceaga, animou os cidadáns a votar "de forma masiva" nas eleccións xerais que se celebran este domingo.

Tras depositar o seu voto nas instalacións do reitorado da Universidade de Santiago de Compostela (USC) ás 11,00 horas, Leiceaga recordou que se trata "do día grande da democracia", e que os verdadeiros protagonistas son os cidadáns.

Por ese motivo, o aspirante socialista ao Goberno galego animou a que exerzan o seu dereito a voto para reforzar as institucións e que o fagan de nun ambiente "tranquilo e estable".

Ciudadanos

O cabeza de lista de Ciudadanos pola provincia da Coruña, José Canedo, animou aos coruñeses a votar "con cabeza" ao longo desta xornada electoral e espera que non haxa que volver pronto" ás urnas.

 

O candidato de Cidadáns ao Congreso foi madrugador e votou puntual, ás 10,00 horas deste 26-J, nun colexio electoral do ensanche compostelano.

 

Tras depositar o seu voto, Canedo asegurou que está na man dos coruñeses "a decisión de que todo mellore", nun día que espera "tranquilo" e que "apetece nin moi quente nin moi frío". 

Temas: ELECCIóNS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 Balbino

O pp repartindo papeletas na iglesia, a marea repartindo pinzas para o nariz, o bloque mendigando algún votiño, e o psoe a ver si evita o sorpasso, todo moi divertido hoxe.

1 Gamela