Dúas enquisas a pé de urna adiantarán os resultados dunha votación tranquila

A xornada da votación das novas Cortes españolas transcorre sen incidentes graves en Galicia. Un presidente indiposto nunha mesa e un leve atraso noutra, únicas incidencias leves no país. O reconto provisonal está previsto que se anuncie ao redor das 22:30 horas, pero haberá dúas enquisas a pé urna dende as 20:00 horas.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 26/06/2016 | Actualizada ás 14:08

Comparte esta noticia

O presidente dunha mesa electoral situada nun colexio de Os Tileiros, en Santiago de Compostela, foi evacuado ao hospital tras sufrir unha emerxencia médica mentres exercía a súa responsabilidade.

Un cidadán deposita o seu voto nas urnas durante as pasadas eleccións
Un cidadán deposita o seu voto nas urnas durante as pasadas eleccións

Segundo explicaron a Europa Press fontes da Delegación do Goberno, malia esta incidencia, a actividade continuou desenvolvéndose con "normalidade" dado que os dous vogais presentes continuaron coas funcións.

Atraso na Coruña

A Xunta Electoral autorizou que o colexio Fernández Latorre da Coruña abra ata as 20,30 horas tras arrancar con atraso, segundo confirmaron a Europa Press fontes da Delegación do Goberno.

En concreto, este centro atópase situado na zona de Catro Camiños e o motivo do atraso na súa apertura foi a falta dun vogal.

Saez de Santamaría e o ministro do Interior dando os resultados do 20D
Saez de Santamaría e o ministro do Interior dando os resultados do 20D

Con todo, o delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva, destacou que a xornada electoral transcorre con "normalidade" en Galicia, coas 3.981 mesas habilitadas nos 2.470 locais abertos.

Horarios dos resultados e enquisas

A vicepresidenta do goberno ten previsto dar unha rolda de prensa en Madrid ao redor das 22:30 horas. Con todo, debido ao apretado do resultado en moitas provincias, é probábel que Soralla Sáez de Santamaría compareza algo máis tarde, cara as 23 horas.

Radio Televisión Española (RTVE) e as televisións autonómicas ofrecerán a partir das 20.00 horas deste domingo 26 de xuño unha sondaxe elaborada pola empresa Sigma Dos para a Federación de Organismos de Radio e Televisión Autonómicos (FORTA), na que está a TVG, e RTVE.

 

Segundo indicaron a Europa Press fontes da Corporación RTVE, a sondaxe electoral realizarase a pé de urna mediante 132.000 entrevistas a electores realizadas nun total de 1.100 colexios electorais e 2.720 mesas, que pecharán ás 20.00 horas a xornada das votacións.

 

Pola súa banda, na cadea COPE, o presidente de GAD3, Narciso Michavila ofrecerá a partir das 20.00 horas os resultados desta empresa encuestadora para a emisora e para ABC.

 

 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Non tedes outra foto máis amable nun día coma hoxe para a nova de PORTADA ? Ese ministro vai pasar á Historia e GC facéndolle selfies ???