As enquisas a pé de urna debuxan un escenario aberto

O PP primeiro con 117-21 escanos, Unidos Podemos segundo con 91 95 deputados, PSOE terceiro con 81-85 representantes, Ciudadanos cuarto con 26-30 deputados, segundo na saída dos colexios elaborada polas televisións públicas. O PSOE, malia o sorpasso, tería a chave.

Por Galicia Confidencial | Madrid | 26/06/2016 | Actualizada ás 20:03

Comparte esta noticia

As negociacións para formar goberno no Estado volverán a ser complicada de confirmarse os resultados das enquisas a pé de urna publicadas. 

Pablo Iglesias votando nunha imaxe do seu twitter oficial
Pablo Iglesias votando nunha imaxe do seu twitter oficial

De acordo a enquisa elaborada por Sigma 2 para TVE e as televisións autonómicas, o PP obtivo  117 e 121 deputados, Unidos Podemos 91 95 escaños segundo, o  PSOE 81 85 e Ciudadanos 26 e 37. No país non hai dato desagregrados de en Marea.

Cómpre lembrar que non haberá resultados provisonais oficiais até as 22:30, aínda que coma sempre o reconto tamén se pode seguir en liña. Con todo, os resultados de Sigma 2 deberan ser bastante significativos, pois di que entrevistou a 135.000 persoas á saída dos colexios electorales.

A outra enquisa electoral a pé de urna, elaborada por GAD 3, para ABC dá estes resultados electorales: PP 121-124; PSOE 84-86; Unidos Podemos 87-89; Ciudadanos 29-32.

O PSOE tería a chave

A maioría absoluta está en 176 escanos dos 350 que se reparten. Con estes datos, PP e PSOE poderían formar goberno de apostar pola gran coalición.  Con todo, se o PSOE apoiase un goberno liderado por Podemos, estarían tamén moi preto dos 176, ou incluso os podería superar. O papel de Ciudadanos sería moito menos importante, pois non daría para sumar nin co PP ni co PSOE.

Rajoy  votando nunha imaxe do seu twitter oficial
Rajoy votando nunha imaxe do seu twitter oficial

Resultados en 2015 en España

A nivel estatal, o PP vencera os comicios do 20D con 123 escaños ao lograr o 28,7% dos votos con 7,23 millóns de papeletas polo que perdería algo de terreo respecto as pasadas eleccións. Segundo fora o PSOE con 90 deputados e 5,54 millóns de votos, o 22%.

Terceiro Podemos e as súas confluencias con 69 representantes e o 20,6% dos votos. Cuarto Ciudadanos co 13,9% dos votos e máis de 3,5 millóns. Unidade Popular, a marca de Izquierda Unida, hoxe integrada nas listas de Unidos Podemos, conseguira máis de 900.000 votos e o 3,6% dos votos, pero só dous escanos.

Resultados o 20D en Galicia

A nivel galego, nas pasadas eleccións do 20 de Decembro de 2015 en Galicia o PP tamén gañara, con 10 escanos e máis de 609.000 votos. Daquela sumara o 37,1% dos sufraxios no país.

En Marea conseguira seis deputados e 410.000 votos, o 25%. O PSOE tamén lograr seis escanos co 21% e 350.000 votos. Ciudadanos obtivera un escano pola Coruña con 146.000 votos no país, con algo máis do 9%.

Pedro Sánchez  votando nunha imaxe do seu twitter oficial
Pedro Sánchez votando nunha imaxe do seu twitter oficial
Albert Rivera de Ciudadanos votando nunha imaxe do seu twitter oficial
Albert Rivera de Ciudadanos votando nunha imaxe do seu twitter oficial
Resultados a pé de urna segundo RTVE.es
Resultados a pé de urna segundo RTVE.es
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 Gamela

Non creo nada... UnidosPodemos = 102 = Ke tal ?

1 Gamela

carallo co batacazo de En Marea! Sabemos que o fixeron mal e sen transparencia algunha, pero de aí a perder máis de 100.000 votos en Galicia !!! Manda Carallo!!! Alguén vai ter que TOMAR BOA NOTA desta desfeita !!!