26 J. - Tellado advirte que o 'sorpasso' sería "unha moi mala noticia" e pide que se permita gobernar "ao que gañe"

O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, compareceu ao peche das urnas para avaliar as primeiras enquisas e, tras destacar que os populares se manterían como "primeira forza" en Galicia e España, advertiu que, de confirmarse o 'sorpasso' de Podemos ao PSOE sería "unha moi mala noticia" para o país. Por iso, pediu que se "respecten" os resultados definitivos.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/06/2016 | Actualizada ás 20:50 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, compareceu ao peche das urnas para avaliar as primeiras enquisas e, tras destacar que os populares se manterían como "primeira forza" en Galicia e España, advertiu que, de confirmarse o 'sorpasso' de Podemos ao PSOE sería "unha moi mala noticia" para o país. Por iso, pediu que se "respecten" os resultados definitivos.

Ante os medios, Tellado destacou a "normalidade" coa que transcorreu a xornada electoral, que "pon de manifesto a madureza democrática" do país. Ao tempo, agradeceu o traballo dos integrantes das distintas mesas electorais e o "esforzo" dos 10.000 interventores e apoderados do partido.

"Grazas a eles presérvase o dereito dos cidadáns ao libre exercicio do voto", resaltou, para incidir en que esta foi unha xornada electoral que se desenvolveu con "total normalidade" e na que os cidadáns "deciden" co seu voto "o futuro do país". Ao respecto, destacou que as enquisas confirmarían o PP como "primeira forza" en Galicia e España

Tamén subliñou que poñen sobre a mesa "a posibilidade de que se produza o sorpasso de Podemos sobre o PSOE", que, de materializarse, sería "unha moi mala noticia" para o país.

"En poucas horas coñeceremos os resultados definitivos; esperamos que sexan respectados polo conxunto de forzas, que se recoñeza a lexitimidade de urnas e do que elixan das cidadáns, que permitan gobernar a quen gaña", apelou.

Por último, á espera de que avanzado o escrutinio compareza o presidente galego e líder do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, o secretario xeral defendeu que sería "moi positivo" para España "dispoñer da estabilidade política e institucional" de Galicia.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA