26J.- O BNG mantén o seu "empeño" para que Galicia "siga presente" e atribúe a baixada de participación ao "desencanto"

A coordinadora de campaña do BNG, Goretti Sanmartín, agradeceu o "empeño" da militancia e a "base simpatizante" do partido para que Galicia "siga presente" no Estado, ao tempo que atribuíu a baixada na participación electoral que apuntan os últimos datos oficiais ao "desencanto" dos votantes.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/06/2016 | Actualizada ás 20:52 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A coordinadora de campaña do BNG, Goretti Sanmartín, agradeceu o "empeño" da militancia e a "base simpatizante" do partido para que Galicia "siga presente" no Estado, ao tempo que atribuíu a baixada na participación electoral que apuntan os últimos datos oficiais ao "desencanto" dos votantes.

Nunha primeira valoración realizada tras o peche dos colexios electorais, Sanmartín quixo agradecer "o traballo inmenso" de "toda a militancia" e de "tódalas persoas que fixeron posible" que esta campaña "discorrese co empeño de que Galicia siga presente" a nivel nacional.

Nun contexto "complexo" e de "grande polarización" dentro do "bipartidismo a catro" que "sofre" España, Goretti Sanmartín agradeceu aos seus simpatizantes o traballo en pro de que "os problemas galegos estean no centro de atención" da política nacional.

"Este tecido social acredita que é necesaria unha alternativa nacionalista para este país, que Galicia sexa referente,", indicou a coordinadora, que cualificou o do BNG como "proxecto imprescindible" para Galicia.

BAIXA PARTICIPACIÓN

Sobre os últimos datos de participación, que a última hora da tarde apuntaban un descenso no número de votantes con respecto ás eleccións de decembro, Goretti Sanmartín atribuíuno a un "certo cansazo" e "decepción" por parte dos cidadáns, que "teñen que votar" de novo porque as forzas políticas "foron incapaces" de "chegar a acordos de goberno".

Nesta situación, a coordinadora do campaña do BNG ha asegurado que algunha xente "preferiu non votar por descontento e por desencanto". Así mesmo, rexeitou avaliar os datos da sondaxe a pé de urna Sigma Dous para a Forta, que apunta a que, igual que o 20D, o BNG quedaría sen representación e o Congreso e aprazou as declaracións da voceiro nacional ata que se coñezan datos de escrutinio.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA