Temas: ELECCIóNS

O PP gaña en Galicia e En Marea queda por detrás do PSdG

Co 80% do escrutinio, o PPdeG é o gran vencedor en Galicia, con 12 escanos. En Marea baixa a cinco e o PSdeG mantense en 6. Rajoy sae reforzado cunha suba de doce escanos.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 26/06/2016 | Actualizada ás 21:26

Comparte esta noticia

Actualización das 22.15

Rajoy  votando nunha imaxe do seu twitter oficial
Rajoy votando nunha imaxe do seu twitter oficial

En Galicia, os populares soben dous escanos para situarse con 12, mentres que os principais prexudicados son En Marea, que perde un e Ciudadanos, que queda sen representación. Os socialistas manteñen os resultados de hai seis meses.

Deste xeito, o PSdeG recupera a segunda posición que perdeu en decembro, cos seus 6 escanos, mentres que En Marea baixa a cinco.

Tamén no conxunto do Estado, a suba do PP é importante, sobre todo, a costa de Ciudadanos. Os populares obteñen 135 escanos, 12 máis que en decembro. O PSdeG, obtén 89, un menos que no 26D e Podemos e as confluencias, os mesmos que en decembro, 71. Ciudanos baixa dez e queda en 30.

Actualización das 21:30

Os primeiros resultados escrutados dan un cambio importantísimo fronte as enquisas previas e as realizadas hoxe a pé de urna. Con todo, co 20% non hai maiorías claras. 

Resultados en Galicia co 90 por cento escrutado o 26 de Xullo
Resultados en Galicia co 90 por cento escrutado o 26 de Xullo

O PP avanza até os 135 deputados e o 30%, avanzando sete deputados. Non habería 'sorpasso' e o PSOE sería segundo con 93 escanos, tres máis.

Unidos Podemos retrocedería tres escanos e as súas confluencias, retrocedendo até 55 escanos coas súas confluencias. Ciudadanos retrocedería moito, dende os 40 escanos até 20. 

En Galicia, cunha porcentaxe escrutado do 33% o PP gaña con 13 escanos, o PSOE 6 e En Marea 4. O PP avanza até o 45% dos votos e Ciudadanos e o BNG quedarían fora. O gran vencedor serían os conservadores avanzando 3 escanos.  

En Marea retrocede dous escanos, con 4 deputados e o 1,33% dos votos, cando o 20D tivo o 1,6% e seis representantes. O BNG-NóS retrocede do 0,22% ao 0,26%, manténdose fóra do Congreso. 

Resultados en 2015 en España

A nivel estatal, o PP vencera os comicios do 20D con 123 escaños ao lograr o 28,7% dos votos con 7,23 millóns de papeletas polo que perdería algo de terreo respecto as pasadas eleccións. Segundo fora o PSOE con 90 deputados e 5,54 millóns de votos, o 22%.

Terceiro Podemos e as súas confluencias con 69 representantes e o 20,6% dos votos. Cuarto Ciudadanos co 13,9% dos votos e máis de 3,5 millóns. Unidade Popular, a marca de Izquierda Unida, hoxe integrada nas listas de Unidos Podemos, conseguira máis de 900.000 votos e o 3,6% dos votos, pero só dous escanos.

Resultados o 20D en Galicia

A nivel galego, nas pasadas eleccións do 20 de Decembro de 2015 en Galicia o PP tamén gañara, con 10 escanos e máis de 609.000 votos. Daquela sumara o 37,1% dos sufraxios no país.

En Marea conseguira seis deputados e 410.000 votos, o 25%. O PSOE tamén lograr seis escanos co 21% e 350.000 votos. Ciudadanos obtivera un escano pola Coruña con 146.000 votos no país, con algo máis do 9%.

Resultados en España co 93 por cento escrutado o 26 de Xullo
Resultados en España co 93 por cento escrutado o 26 de Xullo
Temas: ELECCIóNS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 21 comentarios

16 don Manuel

El BNG sigue perdiendo votos. Un buen día para Galicia

15 Hermerico

1. Galleguiños, desejo-vos muita miséria. A que merecedes. 2. Nom voto e nom votarei no BNG, com os seus alcaldes celebrando a festa nacional espanhola com os torturadores, com os seus alcaldes que instalam ecrás gigantes para ver "la roja", com as suas touradas (as touradas de Lores), e o seu boi de Allariz, com os seus portavozes que ano após ano vam render pleitesía à Coz de Alícia em fraternidade com os fascistas, com os seus macacos polo país adiante que votam ir ás procesons, pola cachucha de Callón............. O dia que se decidan a ser independentistas, anticapitalistas e antisistema, falaremos. No estanto que continuem pedindo electricidad e barata para Alcoa, dumping ambiental.

14 nostrus

A culpa de todo este desaguisado tena Podemos ao xuntarse con IU que o único que conseguiu foi movilizar ao PP. Unha mágoa que C´s tivera que pagar os pratos rotos. A ver si nas autonomicas hai mais sorte.

13 Leirachá

O Partido Podre subiu en Galiza o que baixou En Marea Podemos. Parabéns Alexandra, Pam, Fernando Vello, Yolanda, Toné... Estades traballando para o PP! Pensades pedir disculpas aos galegos polas mentiras, polo engano, polos 8.000 largos trincados? Pensades dimitir? E Subiela pensando ás 8 da tarde en ser deputado! Que asesor, que coordinadores, que deputados! E no Bloque contentos polo fracasso dos ex! Que noxentos! Os galegos precisamos alternativa aos falsários das Mareas de Podemos e ao Bloque revanchista das navalladas!

12 nostrus

Lo único negativo para Galicia fue que C´s no consiguiese algun diputado