O PSOE arrebátalle un escano a En Marea no Senado

Os socialistas pasan de dous a tres representantes por Galicia, mentres que a coalición Anova-EU-Podemos queda só con un; o PP mantén os mesmos resultados nas catro provincias galegas pero gaña seis senadores no conxunto do Estado, cun dominio absoluto da Cámara Alta.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 27/06/2016 | Actualizada ás 12:32

Comparte esta noticia

Todas as miradas estaban postas no reparto de escanos no Congreso español. Porén, o Senado xogará un papel fundamental nunha lexislatura que se presenta convulsa, sen ningunha forza con maioría absoluta no Parlamento, todo o contrario que na cámara de representatividade territorial, na que o PP non só volveu repetir maioría absoluta, senón que ademais aumenta en seis os seus senadores, pasando de 124 a 130. Pola contra, En Marea —a coalición de Anova, Esquerda Unida e Podemos Galicia— non foi quen de manter os dous representantes que acadara nos comicios do pasado 20 de decembro e só terá un nesta cámara

Resultados en Galicia das eleccións xerais de 2016 ao Senado
Resultados en Galicia das eleccións xerais de 2016 ao Senado | Fonte: Ministerio do Interior.

DATOS DE GALICIA

O reparto de senadores por Galicia mantén ó PP cos 12 representantes que acadou nas eleccións xerais de hai seis meses. O gran cambio na Cámara Alta vén da disputa entre PSOE e En Marea, da que saen gañadores os socialistas, que pasan de dous a tres senadores, o que perde En Marea, que só queda con un, acadado pola provincia de Pontevedra. 

Os resultados do Senado confirman o cambio de tendencia no voto en Galicia, tras varios anos nos que o PP amosou un declive contido e o PSOE semellaba condenado a ser a terceira forza do país. Con todo, hai pequenas diferenzas respecto do sucedido na Cámara Baixa, xa que o PP mantén os mesmos representantes no Senado por Galicia, mentres gaña dous no Congreso; o PSOE obtén un senador máis, pero mantén os mesmos deputados (6) e En Marea é a única forza por Galicia que baixa en ambas as dúas cámaras.

Amais, queda fóra unha das grandes apostas de En Marea, o escritor Xosé Luís Méndez Ferrín, cuxa figura se pensaba que podería atraer máis votos e que estaría no Senado.

REPRESENTANTES 

PP: Paula Prado del Río, María Aparicio Calzada e José Luis Ramón Torres Colomer, por A Coruña; José Manuel Barreiro Fernández, Dámaso López Rodríguez e Sandra Vázquez Domínguez, por Lugo; Edelmira Barreira Diz, María del Carmen Leyte Coello e Francisco José Fernández Pérez, por Ourense; Marta Lucio Gómez, Miguel Fidalgo Iglesias e José Crespo Iglesias, por Pontevedra.

PSOE: Ángel Manuel Mato Escalona, por A Coruña; Ricardo Jacinto Varela Sánchez, por Lugo; Luis Manuel García Mañá, por Ourense.

En Marea: María Vanessa Angustia Gómez, por Pontevedra.

O PP AUMENTA A MAIORÍA ABSOLUTA

No global do Estado, o PP aumentou a súa maioría absoluta no Senado, pasando de 124 a 130 senadores, dos 208 que compoñen a Cámara Alta. O PSOE baixa de 47 a 43 e Esquerra Republicana de Catalunya convértese na terceira forza política, subindo de 6 a 10 senadores. Unidos Podemos é a cuarta forza, con tan só 8 senadores, seguida polo PNV, que baixa de 6 a 5 representantes; En Comú Podem mantén os catro senadores que xa tiña e Convergencia Democrática de Catalunya desplómase, pasando de 6 a 2. Con un só senador quedan En Marea, Agrupación Socialista Gomera e Coalición Canaria.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 Cenador

A notica non é certa pois o senador de din perdeu Podemos,sempre foi socialista

2 Eu mesmo

Que o fagan mirar. Segunda forza no congreso e perdendo o posto de senador. Algo terá que ver aquelo de extremadura do vazquista Buitrón, non sí?

1 vieirismo e pp no goberno!

pero ese tamen o teñen perdido pois e do grupo pechado "circulo senatorial o ojete" e de clara adscrición expañolenta e rinde obediencia non o feudo de reborainas casa -vieiras sinon a waldo in person... podreiros ten pouco no senado... MIREN O QUE PASOU EN PORTUGAL CLARA E ROTUNDA VICTORIA DOS PARTIDOS DE ESQUERDAS E MIREN O QUE PASA coas teorias politicas de waldo e -vieiras...