Temas: BNG ELECCIóNS

O BNG culpa a Podemos e ao PSdeG da vitoria do PP no 26X

Os nacionalistas admiten que os seus resultados son “malos”, pero anuncia que xa traballan coa vista nas eleccións autonómicas para ser a “chave” na derrota dos populares e abre a porta a pactos con forzas nacionalistas.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 28/06/2016 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

A executiva nacional do BNG cualifica de “malos” os resultados electorais que considera “moi insatisfactorios” pero critica que o 26X se converteu “nunha carreira presidencialista cun menú a catro no que Galiza estivo desaparecida pese ao seu esforzo por galeguizar a campaña”. Por iso, responsabilizou a Podemos e ao PSdeG da vitoria do PP.

Ana Pontón e Goretti Sanmartín en rolda de prensa na sede do BNG
Ana Pontón e Goretti Sanmartín en rolda de prensa na sede do BNG

Nunha xuntanza mantida este luns para analizar os resultados, o BNG cualificou de “digna” a súa campaña e considera que o proxecto nacionalista “é máis necesario ca nunca e é preciso consolidar e conseguir que se amplíe”. Por iso, anunciou xa que se puxo a traballar con vista nas eleccións autonómicas co obxectivo de “ser clave” para derrotar ao PP e desaloxar a Feijóo da Xunta.

“Esa é a nosa liña inmediata de traballo coa cabeza posta nas próximas eleccións galegas, que é o que nos ocupa desde este mesmo momento ”, subliñou Goretti Sanmartín que chamou a traballar desde a unidade no proxecto nacionalista que representa o Bloque. “A todas as persoas que sintan Galiza e queiran traballar con nós, coas mans abertas para traballar pola derrota desas políticas da dereita”, dixo.

Sanmartín reiterou que o BNG ten disposición a dialogar “absolutamente con todo o mundo que aposte por afianzar un espazo político construído con forzas que teñan o seu centro de decisión en Galiza”, como se acordou pola militancia na asemblea nacional. Tras o 26X a dereita sae reforzada “e iso é un elemento de gran preocupación que consideramos debería ser un factor de reflexión para o conxunto das forzas que nos situamos na esquerda e no nacionalismo”, indicou.

“O noso empeño é traballar para as eleccións galegas a partir deste momento para conseguir un cambio real no noso país, e nese camiño estamos dispostos a dialogar con todas as forzas e persoas que queiran consolidar un espazo nacionalista”, concluíu.

Importante baixada

O BNG perdeu máis dun terzo dos seus votos nas eleccións deste domingo fronte aos comicios do 20 de decembro -- por entón concorreu como Nós Candidatura Galega e non coas súas siglas --, cun descenso duns 26.000 sufraxios, ao baixar dende 70.863 a preto de 44.900.

De tal forma, dende a súa asemblea fundacional de 1982 en Riazor (A Coruña), tan só nunha ocasión o Bloque recibiu menos apoios, foi nas eleccións xerais 1986, cando obtivo pouco máis de 27.000.

Así mesmo, o peso do BNG cae dende o 4,32% que acadou nas eleccións de decembro do total de papeletas en Galicia ao 2,89 deste domingo, 1,5 puntos menos.

Temas: BNG ELECCIóNS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 24 comentarios

15 Requeixo

O tempo so BNG xa pasou. Agora é unha organización morta e non recuperável. O seu futuro é a disolución ou a marxinalidade política e a irrelevancia social. Non hai mais. Dado que o proxecto das mareas foi tamén fallido converténdose nunha mera sucursal que actúa ao ditado do que lle ordenan dende Madrid, sen proxecto nen poder de decisión por si mesmas, ao nacionalismo galego só lle queda volver comezar dende cero. Constituir unha nova forza con forma de partido con militancia individual e funcionamento democrático, unha persoa un voto, un programa adaptado á realidade da sociedade galega de hoxe.

1 Parada do Sil

Concordo 100%.

14 Galego

Moitos que nos sentimos galegos e só galegos votaremos sempre a un partido que non dependa de Madrid, e difícil estar nun sitio cando todo vai mal e quen manexa os medios está a meter pedras no camiño , alguén dira é que na coz de Galicia falaron ben do BNG pero alguén pensa que quen lee ese periódico pode ser votante do Bloque, nos se pode criticar a militancia do Bloque que desinteresada mente está espallada polo país a axudar os veciños, penso que a maioría dos erros estanse a corrixir e mais cedo que tarde seguindo con esta coherencia o apoio volverá.

1 Comunista

Para "non dependender de Madrid" ben que lle debe o BnG uns cantos millóns á súa banca, non? Pero claro, ter pufos coa mafia bancaria española non crea "dependencias" nin nada. E que a campaña do BnG se centrara exclusivamente en atacar á En Marea é algo casual. Xa.

2 BNG ou calquera outro

Gracias pola túa preocupación comunista pederasta pero a débeda que deixaron os que se apuntaron a moda da Marea vaise pagando con moito traballo e esforzo, calquera que seguira a campaña pode comprobar que os ataques de Fernán Vello, Carmen Santos e cia o BNG a Galicia ou a lingua galega empregando razoamentos o máis puro estilo galicia bifida foron constantes, os dous partidos pescan no mesmo caladoiro coa diferenza de que A Marea a Sexta e demáis canles basura prestaronlle unha cana de pescar.

3 Parada do Sil

Pero como xa apuntaron outros que comentaron antes, as Mareas de Podemos perderon votos que o BNG non recuperou, senón que perdeu ainda dos poucos que quedaban. Logo a disculpa do Bloque non vale: o enemigo está dentro do BNG. A realidade é crua.

4 Ex-mareado

A débeda das festas da banda de Aymerich e do coche oficial do Beiras a paga agora a militancia do BNG. A débeda de IU a ver quen a paga, porque a trepa de Yoli Preciosi dixo que para aquí para arriba, que arrimada a Pablemos vívese mellor. Que raro que con ese panorama perderan un deputado, un senador e brindaran en bandexa de prata a suba do PP, non? Aínda seránntan papóns de chegar a unhas terceiras e que o PP saque maioría absoluta. Outros virán que bos te farán.

5 LKI

Ridículas argumentacións. Soan a escusa barata, xa que as finanzas no BeNeGá sempre estiveron en mans de coroneis da UPeGá.

13 Roberto Failde

se a franquia de Podemos en Galiza perdeu votos, MOITOS VOTOS, e o Bloque non os recuperou, perdendo igualmente MOITOS VOTOS, xa hai que ter cara para acusar aos entreguistas de Podemos do fracaso do Bloque. ou pensar que os galegos non sabemos ler os resultados. a señora Ponton non ten credibilidade, tomanos por burras de carga, igual de falsa que os mareantes... galegos, espabilemos!!!

12 antonino

A culpa é do pobo, dos medios, do capital, do mossad...en que caricatura vos convertestes. Purgastenos a todos os que non eramos fieis comunistas ao servizo da UPG (daba igual ser bo nacionalista) e agora saides en campaña con que o importante é defender "os intereses de galiza", o importante é a defensa da nación. Non sodes creibles por ninguén. Sodes un espectaculo lamentable. Os actos de campaña ridicula, os voceiros ridiculos (que pintas ten a señora Goretti por exemplo...ou a candidata por ourense marcando bandullo despois dos resultados..). En patético.

1 Gaia

Macho tiñas que ser... incapaz de facer un comentario sen caer no sexismo máis vulgar... que guais sodes... enchésevos a boca ao falar da política (nación/nacionalismo, galiza) e parece que todo iso é un fato de barbudos, feos, bandullóns, sexan da UPG ou do amplo espetro do nacionalismo. O meu respeto para as mulleres do BNG e das Mareas, e tamén para as de outras formacións . Os teus comentarios inválidante como ser pensante

11 DigoEu

Son patéticos. Onde debería estar o BNG é en En Marea. Resulta tan evidente que a xente que aínda milite aí ou é parva ou está ao servizo do sistema.