Temas: REPúBLICA

Galicia tamén foi unha república independente... por un día

Hai 85 anos Galicia foi república independente por unhas horas. Eran os inicios do republicanismo en todo o Estado.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 28/06/2016 | Actualizada ás 13:00

Comparte esta noticia

Foi un 27 de xuño de 1931 cando Galicia se declarou República independente. Na mañá dese día, Alonso Ríos foi nomeado presidente da Xunta Revolucionaria da República Galega. Unha república que só durou unhas horas, ata que efectivos do exército saíron ás rúas para tentar calmar os ánimos revolucionarios.

Os xornais da época recollen a declaración da República galega
Os xornais da época recollen a declaración da República galega

En Galicia a república chegou un día antes das eleccións ás Cortes Constituíntes da Segunda República Española, cando activistas como Pedro Campos Couceiro ou Alonso Ríos declararon que a solución para os problemas de Galicia non pasaban por integrarse nunha República Española senón por optar pola creación dunha república propia. A Web Historia de Galicia publica unha ampla reportaxe sobre este feito.

Temas: REPúBLICA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta