Temas: DéFICIT

A USC reduciu en 2015 o seu déficit en 1,6 millóns de euros

As vías para esta diminución foi a contención do gasto corrente, a renegociación da débeda e a implementación dun plan de mellora na xestión e captación de ingresos ao longo de 2015.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 29/06/2016 | Actualizada ás 10:30

Comparte esta noticia

A USC pechou o exercicio económico correspondente a 2015 cun superávit de 1,6 millóns de euros. Unha situación que, segundo apunta esta universidade, permítelle reducir déficit “a unha maior velocidade do previsto inicialmente” polo Plan Económico-Financeiro de Reequilibrio. Este documento define a estratexia económica da USC para absorber o déficit acumulado da institución académica (preto de 14 millóns de euros a finais de 2014). As estimacións previstas para 2015 eran dun superávit de 67.000 euros.

Claustro de Fonseca, da Universidade de Santiago de Compostela
Claustro de Fonseca, da Universidade de Santiago de Compostela | Fonte: USC.

A memoria anual foi o punto central do Consello de Goberno que a Universidade de Santiago celebrou este martes e no que o xerente José Manuel Villanueva Prieto deu conta dos principais indicadores económicos da institución compostelá durante o pasado ano e do grao de cumprimento do Plan de Reequilibrio.

As vías para alcanzar este primeiro balance positivo das contas universitarias foron a contención do gasto corrente, a renegociación da débeda e a implementación dun plan de mellora na xestión e captación de ingresos ao longo de 2015, ano no que tamén se ten negociado o novo plan de financiamento do Sistema Universitario Galego e cuxa vixencia comezou en 2016.

O superávit rexistrado durante o pasado ano e a súa conseguinte incidencia na redución do déficit mostra, en opinión do reitor Juan Viaño, “os froitos do esforzo asumido polo conxunto da comunidade universitaria”. De feito, o reitor apelou á necesidade de seguir traballando na mesma liña na procura de avances significativos que permitan remontar a actual situación.

Temas: DéFICIT
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 charo

Moi boa nova, o certo é que esta equipa de goberno da USC atopouse un panorama nefasto, non tiñan moitos apoios entre o profesorado, e están facendo un esforzo impresionante por paliar a situación.