A Fundación Celso Emilio Ferreiro convoca o I Premio de Poemas Musicados

A Fundación Celso Emilio Ferreiro convocou a I edición do seu Premio de Poemas Musicados, un galardón que terá carácter bianual e que premiará con 3.000 euros á mellor canción con música orixinal e textos dun poema do escritor do Celanova.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/06/2016 | Actualizada ás 13:30 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A Fundación Celso Emilio Ferreiro convocou a I edición do seu Premio de Poemas Musicados, un galardón que terá carácter bianual e que premiará con 3.000 euros á mellor canción con música orixinal e textos dun poema do escritor do Celanova.

Con este premio, a Fundación quere contribuír ao "fomento e difusión da expresión poética en xeneral" e, principalmente, á divulgación do legado poético de Celso Emilio Ferreiro.

Poderán presentarse á convocatoria deste ano as obras músico-vogais nas que a letra sexa a totalidade ou parte dun poema de Celso Emilio e a música unha creación orixinal. A peza debe ser editada e posta a disposición do público entre o 30 de outubro de 2014 e o 30 de outubro de 2016.

Tamén serán admitidos temas musicais orixinais sincronizados con imaxes e presentados en formato vídeo e poemas de Celso Emilio traducidos e editados oficialmente noutras linguas.

O prazo de recepción das obras está aberto ata o 30 de outubro deste ano e o anuncio do veredicto do xurado farase público o 1 de novembro a través da páxina web da Fundación Celso Emilio. O acto de entrega do premio terá lugar na Feira Cultural, no mes de decembro.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA