Forte polémica sobre as feiras do libro de Galicia

Unha editorial acusa a Federación de Libreiros de censurala por ter criticado a un directivo da UPG ao fío da liorta co Concello de Santiago (Compostela Aberta). Os organizadores das feiras desmenten calquera censura, destacan o seu carácter “apolítico” e chaman a traballar en positivo.

Por Manuel Vilas | Santiago de Compostela | 29/06/2016 | Actualizada ás 13:50

Comparte esta noticia

Tras a lea sobre a feira en Santiago, as Feiras do Libro de Galicia volven a salpicarse de polémica. Agora, cun forte cruce dialéctico entre Urco Editora e os organizadores, a Federación de Libreiros de Galicia (FLG).

Crítica a organización da Feira do Libro de Santiago publicada por un dos membros de Urco Editora no seu Facebook, cos datos persoais difuminados por GC
Crítica a organización da Feira do Libro de Santiago publicada por un dos membros de Urco Editora no seu Facebook, cos datos persoais difuminados por GC | Fonte: Facebook

Urco publicou esta mañá un duro comunicado no que acusa á Federación de censurar a presentación dun libro seu na feira de Rianxo. A editorial tamén indica que lle cancelaron outras actividades paralelas. 

Houbo censura?

En declaracións a GC, Pilar Rodríguez desmente que se cancelase ningunha presentación. “Nunca se censurou ningún libro”, insiste. Sobre as actividades, a presidenta dos libreiros asegura que “na Federación, como entidade sen ánimo de lucro, contratamos a quen queremos”. 

Pola súa banda, Urco arremete contra a organización dos eventos mediante un modelo “caduco e decimonónico, opaco e caciquil”. Nas críticas ao modelo das feiras actuais coincide co Concello de Santiago. O goberno local de Compostela Aberta retiroulle a subvención á Feira de Santiago este ano esgrimindo a falta de apoio dos libreiros locais. 

Expositor da editorial Kalandraka na Feira do Libro de Santiago
Expositor da editorial Kalandraka na Feira do Libro de Santiago | Fonte: kalandraka.com

A liorta en Compostela

Voceiros da Federación responderon arrementendo contra a marea, feito que foi aproveitado pola oposición do PP para desgastar a Martiño Noriega. En palabras de Urco, “malia que o desangre das feiras da Federación leva a acontecer desde hai anos, algún membro da directiva non dubidou en botar as culpas de todos os males ante a prensa ao Concello de Santiago de Compostela”.

"Dende que Pilar Rodríguez é a presidenta non hai ningunha intencionalidade política nos actos da asociación, intencionalidade política cero", responde enfadada a presidenta dos libreiros.  Rodríguez asegura que "a única pretensión que ten a federación é facer que os  libreiros teñan menos problemas", chama aos editores e a todos a traballar en positivo e conclúe indicando que "un grao negro haino en calquera lugar". 

Versións diferentes sobre a suposta expulsión do gremio estatal

No comunicado de URCO tamén se di que a Federación do país “non representa a ninguén” e de feito foi botada da federación no Estado. Rodríguez tamén rebate este punto, asegurando que seguen a ser membros. A directiva admite que houbo un “problema de tesorería” nas cotas que debía pagarlle a Confederación Española de Gremios y Asociaciones de Libreros pero indica que está solventado. A directiva argumenta que estas dificultades foron causadas, entre outros factores, porque a nova directiva atopouse cunha sentenza que lle recoñecía a unha ex-traballadora unha indemnización de 104.000 euros e que os libreiros deron prioridade ao pago da indemnización fixada pola Xustiza.

Fontes do sector confirmaron a GC que o ambiente en torno as feiras do libro leva enrarecido un tempo, con problemas como a falta de librarías locais nos eventos dalgunhas vilas e a liorta política en Compostela.

Acusacións de índole política

A “expulsión” de Urco de Rianxo débese, na súa opinión, a que un dos membros da editorial lanzou críticas no seu Facebook contra a organización durante a Feira do Libro de Santiago.  En particular contra un directivo da Federación, libreiro de Compostela e militante da UPG (o principal partido do BNG) a quen acusa de facerlle o xogo ao PP. A FLG insiste no seu carácter “apolítico” e critica a Urco por “andar con esto” cando hai na súa opinión outros problemas moito máis importantes no mundo do libro. O post suposto motivo da polémica pódese ler nas imaxes desta noticia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 12 comentarios

6 Independentista galego

A UPG é hoxe unha seita marxinal. mesmo os animalistas teñen máis proxección

5 Antinostrus

Indo ao grao, para non perder o tempo...o susodito elemento da UPG é o da Libraria Pedreira????...pergunto-o por que son cliente habitual seu e queria saber a que ater-me......en que Cloaca andas agora Nostrus, que non se che vé o pelo...tocou-che de limpa cús de Alberto Primo de Rivera este semestre??.

4 Grazas por abrirme os ollos

Eu tampouco penso comprar en Urco so faltaría

1 Paquidermo

Xa o de ver se é verdade que o da UPG puxo o cazo queda para outro día, non?

3 penadurco

ben pois a URCO vaille mercar os libros os españois de podemos, pq eu desde logo a editoras a soldo de compostela abierta non dou de comer....nen un peso mais, que mire pra marea pontevedra, que mire pra o lixo da sua casa, votando e facendo roldas de prensa con o PP every day!!! desde logo alen de mentir el si que fai politica conscientemente!!! nen un sacrificio mais por pillarlles libros orixinais.

1 Xosé Duncan

Penso que estás a confundir unha confrontación por diferencias en como xestionar unha feira cultural en declive con cuestións políticas (tan acaídas e doadas de ver estes días por todas partes). O de Compostela Aberta non foi máis que unha coincidencia de conflitos nun mesmo momento. Agora ben, se queremos ver fantasmas até debaixo das pedras, pois moi ben. Infórmate máis alén de este artigo (mesmo consulta o facebook doutras editoriais) antes de prenderlle lume aos libros da editora. Unha aperta.

2 Resposta a "penadurco"

A gente de Urco, polo menos a parte que eu conheço, dista bastante de ser de Compostela Aberta. De facto, CA nom estivo exenta de críticas neste debate. Aliás, este tipo de comportamentos casualmente nos lembram aos que tivo a UPG historicamente com aquelas/es que considerou inimig@s dentro da casa (mesmo aliando-se com o PP), a velha guarda nom devera trabalhar distinto que 15 anos atrás. Cada quem que limpe a sua casa, se acha que está bem contruída. O resto faremos País.

3 Paquidermo

Xa o de ver se é verdade que o da UPG puxo o cazo queda para outro día, non?

2 Camiño a ningures

Fo-de-ron a política coas suas liortas cainitas, e agora van pola cultura galega. Canto par-vo útil traballando conscente ou inconscentemente a prol do inimigo colonialista. .