A última gran batalla antifranquista de Galicia

Hai 69 anos tiña lugar nos límites do concello de Monforte de Lemos unha feroz batalla entre guerrilleiros e a Garda Civil que, co tempo, remataría coa estrutura guerrilleira en Lugo.

Por Galicia Confidencial | Monforte de Lemos | 30/06/2016 | Actualizada ás 11:45

Comparte esta noticia

O 29 de abril de 1947, sete persoas morrían en dúas casas de Repil e do Pericallo, na parroquia de Chavaga, en Monforte de Lemos e moi preto do límite coa Pobra do Brollón. Catro deles eran guerrilleiros antifranquistas. Rodeáronos 150 gardas civís procedentes de Lugo e de Ponferrada. Foi o inicio da fin da guerrilla nesa provincia.

Restos da casa onde tivo lugar a Batalla de Repil, nos límites de Monforte de Lemos coa Pobra do Brollón
Restos da casa onde tivo lugar a Batalla de Repil, nos límites de Monforte de Lemos coa Pobra do Brollón | Fonte: XS

O feito, que quedou gravado na memoria colectiva dos veciños, pola dura represión posterior, é coñecido agora como a batalla de Repil. E alí, nesa casa onde morreron dous dos guerrilleiros e un deles foi ferido grave, un grupo de arqueólogos iniciou unha campaña de escavación para tentar recuperar parte desa memoria enterrada baixo medo e opresión. Podes ler máis en Historia de Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

2 Balbino de Neira Vilas

Insulto á intelixencia: claro, como non tiñan apoio popular, duraron ata 1947, 8 anos despois da vitoria do franquismo, e mortos por 150 garda civís. Hai algunha neurona ????? Por favor !!!!!!

1 Bufffff

En primeiro lugar eso dos 150 gardas civís habería que ver os papeis do camión, que ten toda a pinta de ser a típica amplificación comunista para darse importancia. E logo eso de que duraron ata 1947 tururú. Os desgraciados estes puxéronse a matar e se organizaron tras tomar o control dos "fuxidos" o PCE en 1945. Antes había fuxidos, e si, estes si tiñan un certo apoio popular, pero non tiñan en xeral accións ofensivas, estaban agachados no monte. A partir de 1945 desquicianse e comezan a asasinar, extorsionar, roubar e dar malleiras a mansalva, e a partir deste momento perderon todo o apoio popular que tiñan os fuxidos, que daban pena, e pasaron a ser uns demos para o común dos galegos. O PCE foi collendo xente e levandoa ao monte, pero a partir de 1945. Ou sexa, que resistiron de 1945 a 1948, en que so quedaron excepcións tipo Foucellas ou o Piloto, pero apoio popular.... Imos, home, imos, nulo, eran o demo dos labradores.

1 Bufffff

Carallo que os amplifican ben: gran, e batalla, feroz. A demagoxia non falta, a dura represión posterior, como se esta xente tivese un apoio que pasase do marxinal, como se non fora evidente que desapareceron porque á xente do rural --aos que tiña fritos roubándolles galiñas, coellos, e víveres en xeral-- íase pola patilla con so falarlles dos foucellas, como se non se soupese que no rural galego metíase medo aos nenos con cousas como ¡que ven o Foucellas! ¿Pero qué historia da Galicia que non existiu ou foi marxinal se está contando? Estes eran un desgraciaos como os da ETA, que asasinaban xente, que perderon unha guerra e pola rabia, envexa e odio que ás malas persoas lles provoca o mal perder, quixeron continuala. Déronlles pa o pelo, e a xente do rural encantada e parabenizando ao franquismo porque lles sacara esa xentalla do monte. Galicia, e mais o rural, sempre foi católica e de dereitas, e sempre ao galego normal lle arrepiou o comunismo.

1 Lembrar a memoria

O comentario de Bufff non ten nin pes nin cabeza. Relacionar ETA coa represión franquista dos anos 40 nas terras do interior de Galiza é mostra da empanada mental que ten. O terror que viu cando o Alzamento fascista continuou moitos anos. E para que saiba o do comentario, o maquis tivo un vigor que sorprende e que da para moitas investigacións e traballos. Algúns xa publicados e que debía ler para opinar. O maquis tivo moitos apoios e xa que os tiñan, unha das tácticas que usou o franquismo foi aterrorizar cometendo eles atentados e roubos que facían e que lle botaban a culpa ao maquis. Esa foi só un dos instrumentos que a poderosa máquina dun estado moitísimo máis potente que os do maquis poido con uns centos de republicanos rebelados nunha terra na que os apoios tampouco tiñan moitos recursos. Conseguiron rematar con eles a base de asesinatos, malleiras, multas,....

2 Bufffff

Tiñan o apoio que tivo a ET?. Veña oh, veña. Desapareceron porque a súa ideoloxía comunista, o terror que implantaban, era totalmente alleo ao carácter galego. E que se adicaban ao roubo, á pillaxe, contao ata un comunista que agora non lembro, nunha historia fo PCE en Galicia que lle publicou eds. do Castro. Alí vese que os cabecillas destes asesinos en Galicia, dirixianse ao xefe, Carrillo, que andaba por Tolouse coa escola de guerrilleiros, e dinlle que o partido tenos que financiar doutro xeito porque as que chaman multas (atracos) facianos imopopulares. Hai que crerse menos todos os contos épicos e propagandísticos de El guerrillero ou o Mundo obrero da época, que non contan unha verdad. Eran tan asesinos e tan malos, que o PCE foi ilegalizado en Francia en 1950.

3 Bufffff

E outra cousa. Comparo a estes comunistas dos 40 coa ETA, porque facían o mismiño: asesinaban, roubaban, secuestraban (os da pomposa "guerrilla" certo que so por unhas horas). Hai unha diferencia, a ETA non lembro que desenvolvese operaciones de tortura. Os comunistas dos 40 si, facían "apaleamentos". E por último, seica o cabecilla stalinista Rey Balbís deixou de selo algunha vez, seica voltou ao PCE trala adaptación á democracia deste partido? Porfavor... Que son asesinos, que deixaron viuvas e orfos...