Carallo que os amplifican ben: gran, e batalla, feroz. A demagoxia non falta, a dura represión posterior, como se esta xente tivese un apoio que pasase do marxinal, como se non fora evidente que desapareceron porque á xente do rural --aos que tiña fritos roubándolles galiñas, coellos, e víveres en xeral-- íase pola patilla con so falarlles dos foucellas, como se non se soupese que no rural galego metíase medo aos nenos con cousas como ¡que ven o Foucellas! ¿Pero qué historia da Galicia que non existiu ou foi marxinal se está contando? Estes eran un desgraciaos como os da ETA, que asasinaban xente, que perderon unha guerra e pola rabia, envexa e odio que ás malas persoas lles provoca o mal perder, quixeron continuala. Déronlles pa o pelo, e a xente do rural encantada e parabenizando ao franquismo porque lles sacara esa xentalla do monte. Galicia, e mais o rural, sempre foi católica e de dereitas, e sempre ao galego normal lle arrepiou o comunismo.
O comentario de Bufff non ten nin pes nin cabeza. Relacionar ETA coa represión franquista dos anos 40 nas terras do interior de Galiza é mostra da empanada mental que ten. O terror que viu cando o Alzamento fascista continuou moitos anos. E para que saiba o do comentario, o maquis tivo un vigor que sorprende e que da para moitas investigacións e traballos. Algúns xa publicados e que debía ler para opinar. O maquis tivo moitos apoios e xa que os tiñan, unha das tácticas que usou o franquismo foi aterrorizar cometendo eles atentados e roubos que facían e que lle botaban a culpa ao maquis. Esa foi só un dos instrumentos que a poderosa máquina dun estado moitísimo máis potente que os do maquis poido con uns centos de republicanos rebelados nunha terra na que os apoios tampouco tiñan moitos recursos. Conseguiron rematar con eles a base de asesinatos, malleiras, multas,....
Tiñan o apoio que tivo a ET?. Veña oh, veña. Desapareceron porque a súa ideoloxía comunista, o terror que implantaban, era totalmente alleo ao carácter galego. E que se adicaban ao roubo, á pillaxe, contao ata un comunista que agora non lembro, nunha historia fo PCE en Galicia que lle publicou eds. do Castro. Alí vese que os cabecillas destes asesinos en Galicia, dirixianse ao xefe, Carrillo, que andaba por Tolouse coa escola de guerrilleiros, e dinlle que o partido tenos que financiar doutro xeito porque as que chaman multas (atracos) facianos imopopulares. Hai que crerse menos todos os contos épicos e propagandísticos de El guerrillero ou o Mundo obrero da época, que non contan unha verdad. Eran tan asesinos e tan malos, que o PCE foi ilegalizado en Francia en 1950.
E outra cousa. Comparo a estes comunistas dos 40 coa ETA, porque facían o mismiño: asesinaban, roubaban, secuestraban (os da pomposa "guerrilla" certo que so por unhas horas). Hai unha diferencia, a ETA non lembro que desenvolvese operaciones de tortura. Os comunistas dos 40 si, facían "apaleamentos". E por último, seica o cabecilla stalinista Rey Balbís deixou de selo algunha vez, seica voltou ao PCE trala adaptación á democracia deste partido? Porfavor... Que son asesinos, que deixaron viuvas e orfos...