Feijóo mantén as eleccións galegas para o outono, pero sen avanzar datas

Di que aínda é moi cedo para saber o “domingo exacto” no que serán e ironiza con que Beiras sexa o seu rival nas mareas. “Ya leva sendo candidato desde que eu estudaba Dereito”, di.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 30/06/2016 | Actualizada ás 14:49

Comparte esta noticia

As eleccións galegas serán en outono, o que xa non se sabe é se dun domingo de setembro, outubro, novembro ou decembro. O presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, dixo que aínda é moi cedo para aventurar unha data porque, dixo, aínda non “se parou a valorala”.

Alberto Núñez Feijóo
Alberto Núñez Feijóo | Fonte: Conchi Paz.

“As eleccións galegas van ser cando estaban previstas e non hai nada que modificara a miña decisión inicial. Así que as galegas tocan cando tocan, que é no outono”, indicou na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta. Feijóo quixo deixar claro que unhas eleccións xerais non teñen nada que ver con unhas galegas e por iso felicitouse por non ter feito coincidir os dous comicios. “Acertamos”, dixo. “Creo que foi unha decisión responsable non utilizar unha situación débil da oposición, con problemas internos e deixala para outono”, engadiu para xustificarse.

Preguntado en varias ocasións sobre o posible mes desas autonómicas, o presidente galego respondeu sempre coa mesma fórmula; “o único claro é que será un domingo pero o mes aínda non o sei. Non teño unha opinión formada ao respecto”, insistiu aducindo que as eleccións xerais aínda estaban moi recentes.

Ademais tamén falou dunha posible coincidencia cos comicios vascos, tal e como xa aconteceu en dúas ocasións, pero deixou claro que, polo momento, non falou co lehandakari sobre esta cuestión. “Temos que repousar un pouco e logo xa notificaremos a data cando a teñamos tomada”, repetiu.

O xefe do Executivo galego tamén se referiu á posibilidade de que Xosé Manuel Beiras sexa o seu rival como candidato nas mareas. “Non sei cantas veces foi candidato á Xunta. Xa era cando eu era estudante de Dereito”, ironizou. E engadiu, “o único que sabe o candidato das mareas é Pablo Iglesias”, dixo.  En todo caso, aclarou que a el non lle importan os seus rivais neses comicios, senón presentar “un proxecto de país”.

Por outra banda, Feijóo manifestou o seu desexo de deixar o presuposto galego do 2017 “preelaborado” e amosouse partidario de mandalo ao Parlamento galego cando se coñeza o teito de gasto de 2017. “Pero hai que ver se técnicamente é posible”, concluíu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

5 Gamela

INDRA ou NON INDRA ... é a cuestión, se non investigamos nas vindeiras autonómicas haberá fogos artificiais e todo... https://youtu.be/3GRJ__sawio ¿Por que ninguén quere comprobar as Actas de tódalas mesas nas que había apoderadas de En Marea ? A qué xogan os Buitróns e as Carmen Santos... Caladiños vívese mellor, non si...?

4 Galahaz

Pódeas convocar cando queira que as vai gañar igual, pero por incomparecencia da oposición. Prognóstico: PP 40 deputados, PSOE 19, Mestura estraña de Podemos e acólitos 11, Ciudadanos 5, e BNG fóra do Parlamento. Sinceramente case é o que estou a desexar, a ver se así, dunha vez por todas, se vai dunha vez á m3rda o proxecto ese chupi-guai das confluencias cos progres xacobinos de Madrí e o BNG desapare despois de tantos anos arrastrándose. Quizais así sexa posíbel que dunha vez por todas se senten as bases para constituír un PARTIDO NACIONAL GALEGO de cara o futuro, libre de marxismo-leninismo, de puños en alto, de estrelas vermellas e de correntes e grupos varios de catro gatos. Un partido socialdemócrata e de base ampla que queira de verdade ser unha alternativa de goberno para este país e que non se conforme simplemente con ser "o muro de contención contra as políticas do PP", ou de loitar "contra o heteropatriarcado" e de m3rdas desas varias.

1 Galahaz

Se CxG se presenta en solitario votareinos, aínda que tampouco van conseguir nada nin lles auguro futuro algún. Senón, quedarei na casa.

2 Sen acougo

Concordo, viva Galiza ceibe pero sen marxismo-leninismo.

3 Gamela

Aínda non lle dixeron cal é a mellor data para activar os sistemas informáticos dende INDRA (que xa cobrou un feixe de millóns no concurso de Drons nas Rozas e Porto do Molle) http://www.elvorticeradio.com/puche... Non sería mala cousa que GC pescudara un chisco o tema , Walter Burns ? Quián ???

1 Susavila

Deixade as conspiracións, asumide a realidade da sociedade na que estamos (clientelar, machista, supremacista española contra o nacionalinalismo periférico, anticomunismo visceral... dereita no pior sentido), e pedide responsabilidades a quen as ten. Perder 1,2 millóns de votos, máis dun 20% é unha barbaridade. Caer na disculpa do pucheirazo unha resposta facilona que cae se reparamos nos resultados: sería admisible para os concellos rurais onde Podemos non ten interventores, pero cando vemos que en cidades como Coruña perdeu mais do 20% coas mesas controladas... Non, non serve. Os responsables son os candidatos, comezando por Alexandra, Fernán Vello, Tone, Pam, Yolanda que deben asumir responsabilidades (dimitir non é aplicable só aos do PP), tamén os de Madrid e os seus delegados aqui (Beiras, por suposto).

2 Gamela

Sen dúbida que levas razón no que dís... Os responsables son os candidatos, que se ademáis INDRA bota unha man ao PP modificando o código fonte do Sistema Informático, poderíase comprobar sumando as Actas das Mesas Electorias (alomenos das grandes cidades) para saber se Galicia tamén perdeu 66.000 votos reais ou IMAXINARIOS ? https://youtu.be/3GRJ__sawio Pouco traballo costaría, pero Carmen Santos está máis calada cun morto ???

2 XanKaraLlás

Esas eleccións estarían gañadas polas esquerda e o nacionalismo se o BNG abandonase a estupidez e fose xunto coa Marea.

1 anonimo

Escoitade en ivoox o audio co titulo seguinte: "El Vórtice. 26-J ¿Pucherazo electoral?"