Alguén mente aos nenos con diabetes que non poden ir ao cine

A Valedora do Pobo dixo que o problema estaba solucionado, pero varios cines do país seguen negando a entrada aos cativos diabéticos por quereen ir cos alimentos especiais que necesitan para controlar os seus niveis azucre.

Por Galicia Confidencial | Pontevedra | 30/06/2016 | Actualizada ás 20:40

Comparte esta noticia

“As normas de entrada nos Cinemas Praza e de Vigo impediron que a miña filla diabética entre na sala coa súa merenda, a que necesita tomar á súa hora para controlar os seus niveis de azucre. Non sei de quen é a culpa ou a responsabilidade, pero carece de lóxica que en pleno s. XXI isto ocórranos e menos que digan que ‘se é un discapacitado o que necesita entrar cunha botella de cristal, queda fóra’. Encima orgullosos porque ‘non facemos excepción con ningún neno’. Non adoito utilizar este medio para isto moitas veces pero....por favor que circule…”.  

Socios de Anedia tentando pasar coas súas mochilas ao cine en Pontevedra
Socios de Anedia tentando pasar coas súas mochilas ao cine en Pontevedra | Fonte: ANEDIA

Esta é unha denuncia pública nas redes sociais dunha nai, María Jesús A. I., dunha cativa con diabetes. Unha denuncia entre outras moitas, pois nestes días ANEDIA Galicia está a executar unha campaña reivindicativa para denunciar o que na práctica supón un boicot dos cines aos nenos con diabetes.

Por que a Valedora dixo que estaba solucionado?

A Asociación de Nenos e Nenas con Diabete (ANEDIA) leva meses denunciando esta problemática. Levou o asunto á Valedora do Pobo, quen negociou cos cines. A Valedora comunicoulles que o asunto esta solventando. Onte varias familias acudiron a diversos establecementos para comprobar que así era. A súa decepción -especialmente a dos cativos- foi enorme.

Lista de cines que vetan a entrada

A lista de cines que se negaron a que os nenos entraran coas súas mochilas con alimentos especiais para eles é a seguinte, segundo as redes sociais de Anedia: Cinexpo Vialia en  Pontevedra, Galicine na Praza Elípitica de Vigo e os Galicine do centro comercial Ponte Vella de Ourense.

O enfado dos pais non é só cos cines, tamén coa Valedora do Pobo. Acusan a Milagros Otero de tentar anotarse un tanto ante a prensa sen que o problema estivese resolto. 

“O que afirma a Valedora do Pobo según a empresa non foi real,os nenos e nenas de Anedia dediciron facer unha tarde de cine coas súas mochilas é a súa sorpresa foi qué non os deixaron pasar coa merenda,alegando que esa noticia non foi confirmada nin desmentida por dita empresa,isto en Pontevedra, pero en Ourense e Vigo pasou exactamente o mesmo”, relatan os voceiros de ANEDIA.

"Se tes intolerancias alimenticias, non podes entrar nun cine"

Unha denuncia similar relatan dende a Asociación Socio Sanitaria Educativa Inflamatoria Intestinal: “A noticia que saíu fai un mes na prensa onde os doentes diabéticos e ostomizados podiamos entrar no cine con mochilas, e que a valedora do pobo notificou na prensa.é unha mentira máis. Hoxe non deixaron entrar a dous cativos con diabetes con súa mochila. E no cine afirman que a valedora do pobo non falou con eles. Entre uns e outros os que saen prexudicados en toda esta historia son os cativos/as. Estamos fartos/as de tanta tomadura de pelo. Esto esta a pasar agora mesmo en Pontevedra, Ourense e Vigo. Xa bastante teñen estes cativos con ter que asumir unhas doenzas, que teñen ser responsables antes de tempo, de non poder gozar da oferta que teñen os demais. Para que aínda teñan que marchar dun cine chorando. Alucinante si tes intolerancias alimenticias, xa sabes non tes dereito a entrar nos cines”.

Polo de agora nin Galicine, propietaria dos tres cines citados, nin a valedora responderon públicamente as acusacións dos pais e nenos afectados.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

2 Y+n+ d

Perdón? Habláis de diabetes o de gramática?

1 Gj27

Que manía co mEnte. Sempre se dixo minte ata que un gelipollas montou un blog dicindo que Feijoo mEnte. E o contaxio morboso desta novidade, fixo callar o mente. Sempre se dixo minte.

1 DigoEu

Sempre non, bobo. Nin sempre nin en todas partes de Galicia. Os idiomas cambian constantemente, e no caso do galego muito máis pola implacable influencia do castelán. Cámbiase a base de ben, o idioma non só non é sempre igual senón que no caso do galego vai variando e castelanizándose a velocidade de vértigo (en realidade, VERTIXE). "Minte", non, MENTE, si.

2 DigoEu

MINTO, MENTES, MENTE, MENTIMOS, MENTIDES, MENTEN, aínda que en castelán sexa "mIEnto, mIEntes, mIEnte, etc., sen mudar o que está despois do m, pero unha cousa é o castelán e outra o galego. Tamén está moi de moda dicir "ahora" en vez de AGORA, "entonces" en vez de ENTÓN, etc., mais esas cousas son merdiñas de substitución de formas galegas por castelás.