Temas: QUíMICA

Publican a Guía Breve para a Nomenclatura en Química Orgánica en galego

Profesores da USC lanzan a versión galega das normas oficiais da International Union of Pure and Applied Chemistry.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 30/06/2016 | Actualizada ás 17:30

Comparte esta noticia

Ana M. González Noya e Manuel R. Bermejo, profesores do Departamento de Química Inorgánica da Facultade de Química da Universidade de Santiago de Compostela, veñen de publicar a Guía Breve para a Nomenclatura en Química Inorgánica.

Guía Breve en galego para a Nomenclatura en Química Inorgánica.
Guía Breve en galego para a Nomenclatura en Química Inorgánica.

Trátase da versión galega das normas oficiais da IUPAC (International Union of Pure and Applied Chemistry), un documento que proporciona un esquema das regras de nomenclatura esenciais para elaborar nomes e fórmulas de compostos inorgánicos,  de compostos de coordinación e de compostos organometálicos.

A guía, de grande utilidade como material didáctico tanto en ensinanza secundaria e bacharelato como na universidade, pódese descargar de balde dende o sitio web da Real Sociedad Española de Química, organismo responsable da revisión e aprobación desta versión galega.

Temas: QUíMICA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta