Por unhas praias galegas sen cabichas

O Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas promove unha campaña para manter os areais limpos de restos de cigarros.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 01/07/2016 | Actualizada ás 12:02

Comparte esta noticia

A campaña de concienciación ambiental contra as cabichas nas praias galegas chega ás illas Cíes esta fin de semana. Dende este venres, 1 de xullo, e ata o próximo 3, ten lugar no arquipélago a campaña "Praias sen cabichas", promovida polo Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas, e que chegará nos próximos días a Ons, Sálvora e Cortegada.

Cabicha nunha praia
Cabicha nunha praia | Fonte: Parque Nacional Illas Atlanticas de Galicia.

Dentro desta campaña, que ten como obxetivo a prevención do lixo xerado polas cabichas de cigarrillos nas praias, os visitantes do parque recibirán estes días cinceiros individuais que poderán usar durante a súa visita, así como información sobre o impacto que as cabichas que se botan nas praias teñen sobre o medio ambiente

A campaña "Praias sen cabichas" é un proxecto subvencionado ao abeiro da orde pola que se regulan as subvencións públicas con cargo aos orzamenos xerais do Estado na área de influencia socioeconómica do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia dos exercicios orzamentarios 2015-2016.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta