O fiscal pide 27 anos para o integrante de Resistencia Galega polo atentado de Baralla

Impútalle delitos de pertenza a organización criminal, depósito de aparatos explosivos e estragos terroristas.

Por Europa Press / Redacción | MADRID | 03/07/2016 | Actualizada ás 12:55

Comparte esta noticia

A Fiscalía da Audiencia Nacional solicitou para o integrante da organización terrorista Resistencia Galega, Raúl Agulleiro Cartoy, 27 anos de cárcere por atentar contra o Concello de Baralla (Lugo), que tivo lugar o pasado 2 de outubro de 2014.

Atentado en Baralla atribuído a Resistencia Galega
Atentado en Baralla atribuído a Resistencia Galega

O xuízo oral celebrarase o mércores 6 de xullo e o xoves 7 polos delitos de pertenza a organización criminal, depósito de aparatos explosivos e estragos terroristas.

Precisamente, o fiscal solicitou seis anos de prisión por pertenza a organización criminal, outros seis anos polo depósito de aparatos explosivos e quince anos de cárcere polos estragos terroristas.

Tamén pediu a inhabilitación absoluta superior a 10 anos ao da duración das penas de privación de liberdade impostas na sentenza e liberdade vixiada durante nove anos. E, ademais, 10 anos de inhabilitación especial para emprego ou cargo público pola pertenza a grupo terrorista.

EN PRISIÓN PROVISIONAL DENDE O 6 DE OUTUBRO DE 2014

O mozo atópase en prisión provisional dende o 6 de outubro de 2014, cando o xuíz da Audiencia Nacional Fernando Andreu decretou o seu ingreso en prisión incondicional por estes feitos, ao considerarlles, tras tomarlle declaración, indiciariamente autor do atentado contra a casa do concello galega.

O xuíz xustificou o seu envío ao cárcere pola súa "perigosidade procesual", xa que a pesar de ter arraigamento en España, a gravidade da pena á que podería ser condenado podería constituír unha "tentación suficientemente intensa como para tratar de poñerse fose do alcance do aparato xudicial en caso de ser posto en liberdade".

O auto do maxistrado constatou que tiña no seu domicilio de Santiago un plano da cidade de Pontevedra no que aparecían "anotacións manuscritas e marcados con círculo vermello ou algún tipo de sinal" as sedes do PP, o Concello da cidade, a Residencia Militar e outros edificios oficiais.

Argulleiro tamén gardaba na súa vivenda un xogo de placas de matrícula, diñeiro en efectivo e material informático sobre a manipulación e activación de artefactos explosivos como o de Baralla, así como información sobre "potenciais obxectivos de ataques terroristas referidos a persoas, organismos públicos e empresariais e sedes de partidos políticos e das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado".

Ademais, nunha zona boscosa no Pedrouzo (A Coruña), onde Agulleiro ía periodicamente e á que acudiu a noite na que se produciu o atentado, atopou un zulo no que se acharon tres artefactos que xa estaban temporizados e preparados con todos os seus elementos para facer explosión. En concreto, os axentes atoparon unha pota con entre tres e cinco quilos de explosivo e dous termos que contiñan entre un quilo e medio e dous.

O arrestado ten antecedentes por dúas detencións relacionadas cun delito de danos e atentado contra axente da autoridade, ambas as dúas no marco da súa actividade radical dentro do movemento independentista galego, segundo informou o Ministerio do Interior.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

3 Hermerico

Galicia Confidencial já decidiu condenar Raul por pertença a umha suposta banda armada. Também dá como certo o relato policial, e emprega a linguagem sistêmica como qualquer outro falsimédia do regime.

1 Hermerico

Comprovado, la coz de alicia é menos beligerante e criminalizadora que Galicia Confidencial. Um gallifante para Jorge

2 Alberto Pareira

Esta é a Marca España.

1 Bufffff

¿27 anos? Xa que non se lle pode condenar a morte, é tempo dabondo para que sufra ben ese tempo de prisión: sairá como un taleguero mais habendo perdido moita vista ao non ter a posibilidade de mirar a larga distancia e co pelo branco. Non ter empezado...

1 Hermerico

Habendo perdido, do verbo haber perdido. Eu he perdido, tu has perdido, el ha perdido, nosoutros hemos perdido, vosoutros habeis perdido, eles han perdido