O BNG citará todos os seus votantes no Avante

O Bloque Nacionalista Galego buscará o contacto directo cos seus votantes e cítaos a todos no Avante.

Por GcToday | Compostela | 10/07/2016 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

O proceso avante segundo fontes próximas á organización nacionalista non teñen previsto reservar o local para eles porque haberá sitio de sobra. Así o manifestaron nunha circular interna que non chegou a todas as organizacións que aínda compoñen o BNG. Isca! non recibiu convocatoria xa que agardan que xa estean alí e así aforrarán mandarlle o texto.

proceso-avante
proceso-avante

Na xuntanza tamén se tratará de cambiar o nome do proceso encetado tras o fracaso da organización nas anteriores eleccións. Deste xeito proporáse cambiar o nome do proceso Adiante para refundar o BNG polo novo “Proceso Avante”.

Ademais do cambio de nome a convocatoria tocará varios temas:

O españolismo de Anova

O españolismo de EnMarea

O españolismo dos nacionalistas que antes estaban no BNG

O españolismo do españolismo

Os gintonic con ou sen pepino

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

1 Antinostrus

Eu engadiria un Temiña mais: "Que foi antes, a Máquina de Muxir ("ordeñadora" para os nosos sufridos Labregos- eterna semente do noso povo e agradecidos votadores sempiternos do PPvaselina -) ou a constitución do Lobby ranciocasposo das Garcia Preto Sisters"??.

1 Roxelio Varela

Alguen pensa que a desaparicion de partidos nacionalistas na Galiza e motivo de orgullo ?

2 Fernando

Pues sí, la desaparición de la lacra de los partidos nacionalistas como el BNG es una buena noticia para cualquier pueblo civilizado