Creatividade e deseño para cativos na Cidade da Cultura

A Cidade da Cultura propón facer de todos os martes de xullo un laboratorio de creatividade para os máis pequenos. Será a través dos obradoiros Deseños minúsculos, valores maiúsculos, cos que se busca potenciar a curiosidade dos nenos polo deseño, estimular o seu talento creativo e sacar a relucir as súas aptitudes artísticas da man de destacados profesionais da ilustración, a artesanía, a moda e o deseño.

Por GC Tendencias | Santiago de Compostela | 04/07/2016 | Actualizada ás 10:28

Comparte esta noticia

Deseños minúsculos, valores maiúsculos están conducidos por Lois Guillán, creador da firma Cucuducho, e desenvolveranse en catro sesión individuais artelladas ao redor da exposición Con-fío en Galicia.

Carlos Arrojo, ilustrador
Carlos Arrojo, ilustrador | Fonte: carlosarrojo.com

O programa previsto é o seguinte:

5 Xullo | Debuxar. Co ilustrador Carlos Arrojo. O “extravagante” ilustrador, Carlos Arrojo, será quen inicie a primeira fase de investigación, brainstorming e conceptualización, levando a imaxinación de nenos e maiores por derroteiros inesperados.

12 Xullo | Argallar. Coa deseñadora industrial Beatriz Lema

19 Xullo | Enredar. Coa artesá Idoia Cuesta.

26 Xullo | Artellar. Coa deseñadora de moda Sara Coleman. 

Os obradoiros están recomendados para nenos de 7 a 11 anos. Os catro obradoiros realízanse de forma independiente. As entradas para deseños minúsculos, valores maiúsculos poden mercarse en ataquilla.com

Así, o programa comeza cunha visita didáctica á exposición Con-fío en Galicia sobre as 16:30 e logo ás 18:00 horas a realización do obradoiro.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta