A Xunta destina outros 770.000 euros en publicidade a cinco meses das autonómicas

O Goberno galego leva no que vai de ano destinados case oito millóns de euros en convenios publicitados. La Voz recibe máis da metade deses cartos, dos que 150.000 euros son Medio Ambiente por un suplemento colocado no xornal.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 05/07/2016 | Actualizada ás 14:29

Comparte esta noticia

A Xunta, a través de varias consellerías, destinou no primeiro cuadrimestre do ano case 770.000 euros a convenios publicitarios cos grandes medios de comunicación de Galicia. Unhas licitacións que suman xa case 8 millóns de euros en convenios publicitados nos seis primeiros meses do ano e a cinco meses duns comicios autonómicos.

A Xunta destina millóns de euros en subvencións aos medios galegos
A Xunta destina millóns de euros en subvencións aos medios galegos

E, como acontece con estes cartos, o medio máis beneficiado é La Voz de Galicia, seguida de Faro de Vigo. Así, No DOG do 21 de xuño, publícanse os convenios da Consellaría de Medio Ambiente durante o primeiro cuadrimestre deste ano. Destacan entre estes, dez convenios de "colaboración" coa prensa galega, por valor total de 350.000€. E entre eles, cun total de 244.740 €, leva o primeiro premio La Voz de Galicia S.A., sendo segundo Faro de Vigo, S.L.U.,a  moita distancia, con 43.480,00 €

O diñeiro é para "actuacións divulgativas e informativas, onde aparezan destacadas aquelas estratexias ou iniciativas relacionadas co urbanismo responsable, a ordenación do territorio e as novidades que supón a Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, para a protección e coidado do litoral e a paisaxe galega, e que contribúan á información e sensibilidade da cidadanía galega".  Nestas actuacións gaña La Voz con 14 actuacións publicitarias por valor de 94.740,00 €, seguido polo Faro con 5 actuacións por 43.480,00 €, máis caras en proporción.

Tamén, La Voz de Galicia, S.A. asinou outro convenio para "Colaborar na elaboración, maquetación, publicación, divulgación e difusión dun suplemento mensual de información relacionada con temas de ambiente da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio" por 150.000€.

Cig-Autonómica tamén informa de que no DOG do 22 de xuño a Consellaría do Mar volve ao clásico do convenio coa Televisión de Galicia, S.A., desta volta coa cantidade de "até un máximo de 100.000€"  .

Os medios de comunicación tradicionais están sufrindo unha fonda crise
Os medios de comunicación tradicionais están sufrindo unha fonda crise | Fonte: prnoticias.com

315.000 euros de Economía

Pola súa banda, Consellaría de Economía, Emprego e Industria, licitou tamén 314.900€ para campañas publicitarias. A listaxe destes convenios publícase no DOG do 4 de xullo entre a totalidade dos convenios subscritos por esta consellaría no primeiro cuadrimestre do ano.

De entre os premiados destaca La Voz de Galicia S.A. con case a metade de toda a cantidade, con 149.990,44 €. Logo, Faro de Vigo, S.L.U. coa menos da metade de asignación do primeiro, con 68.468,10 €. Pecha El Progreso de Lugo, S.L., a moita maior distancia, con 25.842,05 €.

O obxecto é "elaborar e publicar información relacionada con estratexias, programas e/ou iniciativas da consellería e que resulten de interese para a cidadanía".

Estas subvencións aos medios prodúcense nun ano dobremente electoral e a Xunta multiplica as axudas aos medios de comunicación. No que levamos de ano xa son oito millóns de diñeiro público que o Goberno galego destinou a convenios publicitarios. Uns cartos aos que se lle sumaron nas últimas semanas máis de 2,3 millóns nunha nova campaña de Turismo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

3 rato

Troll pepeiro defendendo como non as corrupción pepeiras .....faltaría máis....para iso chupamos do bote....

2 Transparencia

Xa que se fala de transparencia... bótase en falta saber canto recibe Galicia Confidencial pola publicidade do Concello de Santiago, Concello da Coruña...

1 Kinta

O Bipartito untaba máis, o dobre polo menos. Ogallá que depois de outubro goberne un tripartito. Untará tres veces máis, Canto e a quen untan os concellos e deputacións en que non goberna o PP?

1 Balbino

Que suerte que non tes que demostrar a mentira que acabas de decir, o bipartito foi o mellor goberno con diferenza, ata esa nin tan sequera tiñamos garderías públicas. So hai que ver a deputación de Pontevedra actual na que realmente se acabou co caciquismo, non todos son iguais.