O sector audiovisual galego, en contra dos despedimentos na CGAI

Pide a retirada inmediata das amortizacións de prazas anunciadas pola Xunta e a anulación dos despedimentos.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 06/07/2016 | Actualizada ás 09:30

Comparte esta noticia

Todo o sector audiovisual rexeita os despedimentos no Centro Galego das Artes da Imaxe (CGAI). A Asociación de Actores e Intérpretes (AISGE), a Asociación Galega de Produtoras Independentes (AGAPI),a Asociación de Actrices e Actores de Galicia,  a Asociación de Guionistas de Galicia, a Asociación de Directores e Realizadores de Galicia, o Observatorio Audiovisual de Galicia  e a Academia Galega do Audiovisual denuncian que isto suporá, na práctica, o imposible o funcionamento da entidade como filmoteca de Galicia.

Profesionais do audiovisual critica a suposta censura da AGADIC
Profesionais do audiovisual critica a suposta censura da AGADIC

Por iso, todas estas entidades relacionadas co audiovisual en Galicia, que no seu día xa se manifestaron en contra dos planos anunciados pola AGADIC, piden a retirada inmediata das amortizacións de prazas anunciadas pola Xunta de Galicia e a anulación dos despedimentos previstos segundo ese mesmo plano. As entidades consideran que a amortización das prazas e o despedimento de persoal fixo non está en concordancia co expresado en comparecencias públicas polas autoridades culturais galegas nas que se aseguraba que o todo o persoal continuaría nos seus postos de traballo.

Por iso, estes colectivos do audiovisual galego respaldan e animan á participación na concentración que terá lugar este mércore,  6 de xullo de 2016, en Santiago de Compostela en contra destes despedimentos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Soa raro

O que non semella moi lóxico é que o CGAI teña dous proxeccionistas, cando o CGAI a diario fai unha ou dúas proxeccións (sempre a partir das 18.00). E hai días que ningunha. E tampouco se entende que o CGAI estea na Coruña e non na Cidade da Cultura, onde hai medios e persoal que garanten a conservación dos seus fondos.