Os xornais de La Capital animan a “abuela” Carmena que inaugure o día sen bañador, pero prefiren a Maestre

Unha editorial de Diario de Arousa, El Ideal e Diario de Ferrol enlámase nunha polémica madrileña empregando valores machistas. Hai unhas semanas Diario de Ferrol tivo que pedir desculpas por un artigo de opinión sobre os homosexuais.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 07/07/2016 | Actualizada ás 19:25

Comparte esta noticia

Os diarios de La Capital volven a verse inmersos nunha polémica por un texto de opinión. Nesta ocasión é por un artigo editorial, é dicir, que reflicte a opinión do grupo que publica Diario de Arousa, Diario de Ferrol e El Ideal Galego. Nel cualifícase a alcaldesa de Madrid de “abuela” e anímase a Manuel Carmena a que inaugure un día sen bañador nas piscinas municipais.

Maestre e Carmena nun acto de Ahora Madrid
Maestre e Carmena nun acto de Ahora Madrid | Fonte: wikimedia

Malia que estes xornais son de ámbito local,  La Capital, de liña moi conservadora, móllase contra a marea que goberna a capital do Estado. Así, magnifica a polémica sobre o día sen bañador -que hai anos ven organizando nalgunhas piscinas municipais unha asociación naturista co permiso das xuntas de goberno dalgúns distritos. La Capital estende o evento a todas as piscinas públicas de madrid e recomenda que sexa protagonista  "la portavoz municipal, Rita Maestre, que confunde desnudarse ante Dios con entrar en una capilla enseñando los pechos, seguro que se ofrece voluntaria para cortar la cinta inaugural". 

De seguido, en vez de apostar pola moza voceira, lanza unha alusión sobre o físico da veterana Carmena recomendando “casi mejor que se encargue ella de hacerlo que la alcaldesa". Ademais, engade que  "la abuela Carmena ha transformado el Ayuntamiento de Madrid en una factoría donde nunca se dejan de fabricar disparates".

Cómpre lembrar que segundo a Lei de Igualdade de Galicia a Xunta, aprobada pola maioría do PP, debe condicionar as subvencións que reciben os medios privados, como é o caso deste grupo, á promoción de valores que transmitan a igualdade de homes e mulleres. Algo moi lonxe da consideración do corpo da muller como obxecto que destila este texto editorial. 

Ademais, este mesmo verán o director de Diario de Ferrol tivo que pedir desculpas polo artigo de opinión dun colaborador, moi crítico co Día do Orgullo Gay, a cuxos protagonistas cualificaba de “maricayos”. O Colexio de Xornalistas e o propio cadro de persoal do medio criticaron a publicación desa peza.

La Capital leva anos sufrindo unha importantísima crisis económica, agravada pola redución da publicidade institucional tras a saída do PP dos gobernos de Ferrol e A Coruña. Segundo os últimos datos do Estudio General de Medios, varias das súas cabeceiras perderon máis da metade dos lectores que tiveron no seu día.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta