O Foro Galego aposta por impulsar unha candidatura de confluencia para as autonómicas

O alcalde de Vimianzo valora a iniciativa dos seus homólogos de Ferrol, A Coruña e Santiago para potenciar "un proceso participativo" de unidade

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 08/07/2016 | Actualizada ás 16:09

Comparte esta noticia

O Foro Galego insiste na súa idea de presentar unha candidatura de unidade para as eleccións galegas, previstas para o próximo outono. Para iso, celebrará a II xornada aberta da organización, o próximo 16 de xullo na Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago para abordar "asuntos de vital importancia".

Integrantes do Foro Galego, entre eles o alcalde de Vimianzo, Manuel Antelo, ou Paula Vázquez Verao
Integrantes do Foro Galego, entre eles o alcalde de Vimianzo, Manuel Antelo, ou Paula Vázquez Verao | Fonte: EP

O primeiro encontro, promovido por un grupo de persoas entre as que se atopan alcaldes da órbita nacionalista e outros nomes da sociedade civil, tivo lugar o pasado mes de maio co obxectivo de contribuír a "aumentar" unha candidatura de confluencia que chegue a gobernar en Galicia e "erradicar" as políticas do PP.

Nesta ocasión, o alcalde de Vimianzo (A Coruña), Manuel Antelo, sinalou tres puntos do día que centrarán a atención desta nova reunión, entre os que atopa unha reflexión sobre a primeira xornada e a avaliación dos procesos vividos nas pasadas eleccións xerais.

Así mesmo, o rexedor, quen deixou de militar no Bloque o pasado 26 de abril, indicou que contribuirán a "ampliar unha base social" que elabore unha candidatura para as eleccións autonómicas, e desta forma, facer posible un cambio político.

INICIATIVA ALCALDES

Por outro lado, o Foro Galego valorou a iniciativa dos alcaldes de Ferrol, A Coruña e Santiago para "crear un proceso participativo" e conseguir unha candidatura de "confluencia" que achegue propostas programáticas que logren cambios.

Outro dos puntos prioritarios que se tratarán o 16 de xullo será a creación dunha proposta "que baixe ao concreto", así como trasladar as liñas de traballo que "permitan facer políticas en clave nacionalista".

Segundo recordou o alcalde, o Foro "non é un grupo político", senón un espazo común composto por militantes de diferentes partidos que antepoñen sempre "un proxecto de país" aos seus intereses.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 10 comentarios

5 Paco

Si, vas facer política en clave nacionalista desde a Marea, espera sentado

4 Mareome

Hai un mes marchaban para a Marea e agora xa critican á Marea e din que ten que sumarse o nacionalismo. Non se pode cambiar tanto nuns dias ainda co batacazo de Pablo pero que se pode espera dos transfugas

1 Caldelas

Aquele Vence que tanto defendestes até o ridículo hai uns días hoxe anda preparando CON 50 NOTABLES a saída do BNG. E van facer ruído, moito ruído... Acabou o experinento-chiringuito da UPG. Desta vai a vencida. E mira que algúns avisamos: coidado co Vence, coidado coa familia Nogueira!!! Agora vedes como vos venderon os ídolos de barro que tanto colaborastes en levantar. Parabéns polo unto!!!

2 Ponte

Eses notables xa non chegan nin a suficientes raspados ramon

3 Per

Lio nas mareas por todos lados, non queren primarias, agas Podemos e pode que algun sectror de Anova, non queren a Beiras,,, Podemos ao mellor vai pola sua conta,, e nese caso os sectores nacionalistas das mareas pedirian confluencia nunha alternativa galega co Bng e dirixida por Beiras.... eu abstención non quero Podemos nen o egolatra,, tampouco os outros

1 Centroeuropeo

Boa mostra do nihilismo polo que o PP vai gobernar polos séculos dos séculos. Algún psiquiatra debería definir este síndrome da esquerda galega: eterna adolescencia mental, obsesión con matar o pai, confusión dun partido (ferramenta política para mudar a sociedade) cun clube de ocio (para pasar o tempo cos amigolos, bebendo, fumando e dándolle á lingua).

2 Ana

Actualizádevos que a notícia é outra. Fin do BNG, comezo da UPG sen complexos. A xente que avisamos da estratéxia suicida e negadora do debate temos tristemente a razón. Por méritos propios os capitáns da UPG afundiron definitivamente o Bloque. http://www.sermosgaliza.gal/articul...

1 Farto de popes

Pero o transfuga este segue con que quere botar ao PP unindose ao podemismo que non quixo e non quere botar a Rajoy. Cando quededes de segundos despois de Leiceaga podedes facer o mesmo ofrecerlle unha presidencia honorífica e una supervicepresidencia con todas as competencias para o xuíz que escolleron os tres tenores.

1 Ana

E Leiceaga non é transfuga? E o mantido de radio Fene que agora é portavoz do Partido Podre? E Aymerich e Xesus Veiga que se foron? E Vence, Ana Miranda, Alba Nogueira, Tareixa Paz e Carne Adán que está na porta? Acho que no BNG tedes un sério problema coa língua..., e xa non digamos cos galegos. Tan puros de cara à galeria, tan oportunistas e vendidos à hora da verdade. E como xa conhecemos a raposa, desaparecedes mordendo!

2 O Fertimón

Ramón tes bigote ou barba porque asinas como Ana