A Academia das Ciências de Lisboa (ACL) terá tres representantes de "Galiza" e non de "Espanha"

José-Martinho Montero Santalha, José Ângelo Cristóvão Angueira e Isaac Alonso Estraviz tomarán posesión como académicos-correspondentes do país nesta institución da lingua portuguesa.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 11/07/2016 | Actualizada ás 10:35

Comparte esta noticia

Non é a primeira vez que Galicia está presente na Academia das Ciências de Lisboa (ACL), pero é a primeira vez que “Galiza” terá un recoñecemento propio nesta institución e un maior número de representantes. E é que este 14 de xullo os galegos José-Martinho Montero Santalha, José Ângelo Cristóvão Angueira e Isaac Alonso Estraviz tomarán posesión como académicos-correspondentes de Galicia neste organismo. 

Sede da Academia das Ciências de Lisboa (ACL), en Lisboa
Sede da Academia das Ciências de Lisboa (ACL), en Lisboa

O encontro, comezará ás 15 horas coa intervención do Presidente da ACL, Artur Anselmo, cun saúdo a Galicia, seguido do profesor Malaca Casteleiro presentando os novos académicos-correspondentes galegos. Será entón a ocasión de ouvir os tres oradores galegos, finalizando coa intervención do profesor Carlos Reis.

Os tres novos académicos darán continuidade á representación galega na ACL, anteriormente ostentada polos profesores Ricardo Carvalho Calero e Ernesto Guerra da Cal, promotores do reintegracionismo lingüístico. Sen embargo, estes representantes galegos eran, curiosamente, “de Espanha” e non de “Galiza”, como agora.

A Academia portuguesa ten participado en diversos eventos da Academia Galega da Lingua Portuguesa (AGLP) desde a súa sesión inaugural en 8 de outubro de 2008, mantendo un contacto permanente e unha presenza regular nos eventos galegos a través de João Malaca Casteleiro e outros profesores portugueses.  Entre outros temas, a AGLP traballa, a solicitude da Academia das Ciências de Lisboa, nun contributo lexical: palabras propias galegas, do léxico actual que está na lingua oral e escrita e que se incorporarán á renovación do dicionario que está a facer a ACL.

A Academia das Ciencias de Lisboa é unha das máis antigas institucións científicas de existencia continua. Foi fundada, o día 24 de decembro de 1779, durante o reinado de D. Maria I.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

4 Anónimo

Nesse caso, poderiam incluir palabras tão utilizadas na Galiza coma "moito" (xunto a "muito"), "catro" (xunto a "quatro") e "ca" (xunto a "do que", na norma luso-brasileira), ademais de outras coma "felgo". Tamém fam eles o mesmo com "facto" (pt) e "fato" (br). E penso que o trabalho da AGAL co "Dicionário galego do futebol" e "O Modelo lexical galego" será moi útil. Así incluiríanse palabras coma traguer, canear...

1 Gran traballo

A AGAL fixo e fai un grandísimo traballo. É a única entidade que de verdade traballa a prol da lingua. Se dentro duns anos vai gañando terreo a ortografía internacional fronte á española será ben merecido. O reintegracionismo debe ser transversal ás ideoloxías e pouco a pouco vaise deixando atrás o estigma do "radicalismo". A única desviación ideolóxica foi impoñernos unha separación forzosa cada vez maior entre galego e portugués.

3 Ted Flanders

Por fin cada cousa no seu sitio! y los españoles a chincharse detrás del telón de grelos

2 Ghesús Alonso Muentero

Pero como va a ser el gayego una lengua internacional cuando ya tenemos una, el ESPAÑOL.

1 coronel tapioca

ya bes, cosas de los separatistas

2 Anónimo

E que problema hai por ter dúas? Em fim, suponho que não poderás ir ve-los Jogos Olímpicos a Rio de Janeiro.

1 Susavila

Uns dias nos que os obedientes isolacionistas devem andar raivosos coa sua norma regional espanhola. Pela contra, os galegos do mundo estamos orgulhosos de empregar uma língua internacional. Parabéns aos acadêmicos galegos (que não são os da Real --espanhola-- Academia Gallega)!