Temas: PP

O fiscal pide un ano de cadea para Rafael Louzán

O ex-presidente da Deputación de Pontevedra e actual mandatario da Federación Galega de Fútbol tería cobrado sobreprezos do alugueiro dun local a cambio de favores a un concelleiro, tamén militante do PPdeG.

Por Galicia Confidencial | Pontevedra | 10/07/2016 | Actualizada ás 19:00

Comparte esta noticia

Un novo auto fiscalía solicita a apertura do xuízo polo caso dos alugueiros propiedade de Rafael Louzán e a súa esposa. O ex-presidente da Deputación de Pontevedra e actual presidente da Federación Galega de Fútbol, percibiu un sobreprezo pagado pola empresa de Severino Regueira, concelleiro conservador en Pazos de Borbén, de acordo ao ministerio fiscal.

Louzán e outros líderes do PP visitan o Museo de Pontevedra
Louzán e outros líderes do PP visitan o Museo de Pontevedra | Fonte: Dep. de Pontevedra

Por iso o fiscal solicita ao ex-presidente do PP de Pontevedra un ano de cárcere por un presunto delito de aceptación de suborno. 

A marcha de Louzán da Deputación e do liderado do PP de Pontevedra produciuse cando este proceso xudicial xa estaba en marcha. O político sempre defendeu a súa inocencia e a da súa dona, argumentando que os alugueiros cobrábanse ao prezo determinado por unha consultora. 

Rafael Louzán ,ex presidente da Deputación de Pontevedra
Rafael Louzán ,ex presidente da Deputación de Pontevedra | Fonte: PV
Temas: PP
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 HekOvm9wUTG

So that's the case? Quite a reoelativn that is.