Temas: ANGROIS PP TREN BNG AGE

O PPdeG segue poñendo barreiras a unha comisión de investigación de Angrois

Os populares rexeitan unha petición de BNG e de AGE para introducir o debate da creación dunha comisión de sobre o accidente de tren.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/07/2016 | Actualizada ás 11:53

Comparte esta noticia

O PP de Galicia non quere nin oír falar dunha comisión de investigación sobre o accidente de Angrois; menos logo de que se soubese que a Unión Europea invalidou o informe do Goberno de España por ser un documento nesgado. Cos votos dos populares, o Parlamento galego rexeitou unha petición dos grupos do BNG e AGE para alterar a orde do día do pleno e introducir o debate da creación dunha comisión de investigación sobre o accidente de tren.

Tren accidentado en Angrois
Tren accidentado en Angrois | Fonte: Europa Press.

Antes do inicio da sesión, o deputado do BNG Francisco Jorquera pediu a palabra invocando ao regulamento parlamentario para solicitar unha alteración da orde do día da sesión plenaria, co obxectivo de abordar a creación dunha comisión de investigación sobre o accidente ferroviario no que faleceron 80 persoas.

A proposta foi defendida polo propio Bloque, AGE e o Grupo Mixto, e tamén se sumou o Grupo Socialista. Porén, por parte do Grupo Popular, Pedro Puy propuxo resolver o asunto co impulso dunha declaración institucional para demandar a creación dun informe "técnico" e "incontrovertido". Tras as queixas de Jorquera por esta proposta, sinalou a súa disposición a trasladar por escrito a postura do seu grupo sobre o informe da axencia ferroviaria.

A pesar de todo, a proposta de alteración de orde do día quedou rexeitada por 39 votos en contra e solo 34 a favor. O Grupo Popular xa avanzara o seu rexeitamento a esta e negara un cambio de postura no PPdeG, defendendo que sempre falou a favor das "familias".

Temas: ANGROIS PP TREN BNG AGE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta